GMH/ÍNDICE A-Z

6

1416, agosto, 3
O Concello nomea Procurador ó cambiado Bernal Yanes del Camino, no sitio do tamén cambiador, García Rodríguez, por se encontrar este último fraquo e jasia en cama polo que non podía exerce-lo cargo.  

Dia lũes tres dias do mes de agosto. Sabean todos que seendo o conçello, justiças et omes bõos et regidores jurados da çidade de Santiago juntados por crida de anafil segundo que han de custume enna notaria de min Rui Martines, notario publico da dita çidade, presentes ende Martin Serpe et Vaasco Fernandes Troquo, justiças enna dita çidade et Alvaro Afonso Juliate et Fernan Gonçales do Preguntorio, Afonso Fernandes Abril, Juan Aras da Cana, jurados enna dita çidade et en presença de min o dito Rui Martines, notario et das testemoyas adeante scriptas. Enton o dito conçello, justiças et omes bõos jurados disseron que por quanto eles avyan costituido por seu procurador en este dito anno a Garçia Rodriges, canbeador et o dito Garçia Rodriges era fraquo et jasia en cama en tal maneira que non podia husar do dito procuratorio et o enbiaran requrir que declarasse se podia ou entendia husar do dito ofiçio et enviara diser que non podia husar do dito procuratorio por la dolor que lle requesçera daquela (roto + -9) saao, por ende que revocavan et revocaron do dito procuratorio a o dito Garçia Rodriges et que fasian et feseron por procurador doie este dia endeante ata hũu anno primeiro seginte a Bemald Yanes do Camiño, canbeador da dita çidade, que presente estava, et que lle davan tal et tan conprido poder como avyan dado a [Garçia Rodriges] para usar do dito ofiçio et que querian que el por rason do dito offiçio ouvese outras tantas contias de moravedis como ouvo de aver o dito Garçia Rodriges et fose quito de renda et de pousadaria durante o tenpo de seu ofiçio et o dito Bernald Eanes (roto 4 +-) offiçio de procuratorio et feso jura sobre signal de Crus que husaria do dito ofiçio o mellor (roto + -5) dese a entender. Testemoyas que foron presentes Gil Peres, procurador do dito conçello et Juan Gonçalves deVilarente  atanbor et Domingo Longo servente do dito conçello.