GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

294
1333, agosto, 15. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Pedro Afonso, á súa muller e a unha voz un casal en Xián, freguesía de Santiago de Saamasas, por tres terzas e media de pan anuais.

MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 74r.

Era de mill et trecentos et LXXI anno XV dias d’agosto. Pedro Affonso, morador en Gian, lavrador, por sy et en nome de sua muller, Tereyia Domingues, por que se obliga a faser, arrendan et avervan.

Sabam quantos esta carta viren, commo nos dayan et cabidoo da iglesya de Lugo con outorgamento d’Aras Pelaes, coengo, et d’Affonso Eanes, racoeyro, rendeyros dos aniversarios d’esta eglesia, avervamos a vos, Pedro Affonso de Gian et a vosa muller Tareyia Domingues et a huna pessoa qual nomear o pustrimeyro de vos anbos en vida ou a seu pasamento, hun casal que he destos aniversarios, o qual he en Gian sub signo de Santiago de Sanmasas, o qual suya teer Fernan Aras, clerigo, avervado, et o qual foy de don Martin Eanes, dayan que foy de Lugo. Conven a saber que vos, Pedro Affonso et vossa muller Tareyia Domingues et aquella pessoa que for nomeada, de cada un de vos a aquelles que procuraren os ditos aniversarios tres terças et medea de pam, as duas partes de temporao et a terça de serodeo en salvo en Lugo, posta a semente do mellor que ouver no lugar, sacado trigo nen favas que non avedes a a dar ainda que o y aia; et devedes reffaçer a casa d’este casal et manteella en boo stado, et seerdes vasalos serventes et obedientes da iglesia de Lugo et seerdes deffesos commo os outros serviçaes d’esta eglesia; et a morte d’aquella pustrimeyra pessoa deve afficar esta casal a a dita eglesia con este pobro conven a saber: hun boy et huna vaca et huna porca por povro, et con todos los outros boos paramentos que y foren feytos. Et nos as partes sobreditas obrigamos nos et nossos beens de gardar et manteer este vervo commo dito e. Demays eu, o dito Pedro Affonso, obrigo min et todos meus beens, movilles et reys, guanados et por gaanar, que compla esto por min et po-la dita mina muller et pesoa sobredita; et demays a parte que a esto pasar et o asy non comprir, peyte a outra parte por nome de penna Lª moravedis da moneda del rey don Afonso, et o vervo fique firme et vala en todo. Et que esto seia çerto et non posa viir en dulta, nos as partes sobreditas rogamos a Iacome, iuys et notario, que fecese ende senlos publicos stromentos. Feyto foy esto tres dias de setembre, era de mill et CCC L[...].

Testemoyas: don Fernan Aras, dayan; don Fernan Deus, chantre; don Pedro Ruys, archidiacono de Deçon; don Andres Peres, coygo; Pedro Aras [...] Iohan [...] Gonçalves, raçoeiros; Pedro Miguelles, Affonso Rodrigues, Domingo Eanes, Francisco Guillelmes, Iohan Peres, Lopo Domingues, clerigos; et outros. Outrosy avedes a dar [cada] anno por dia de sam Miguel cinquo moravedis da moneda sobredita.