GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

492
1396, outubro, 10
foro

Tareixa Iáñez, que foi muller do escudeiro Álvaro Sánchez, afóralles a catro voces a Gonzalo Branco e á sua muller, Costanza Martínez, unhas casas na rúa de Penavixía, por 12 libras.

ACOu, Escrituras XIII, 51

Sabbean quantos esta carta viren que eu Tereyja Anes moller de Alvaro Sanches escudeiro que foy çibdadao d’Ourense, moradeyra en Ourense, enna rua do Pumar, dou e outorgo a foro a vos Gonçalvo Branco carniçeiro morador enna Ourense enna rua dos Brancos que sodes presente et a vosa moller Costança Martines que non he presente, en vida de vos anbos et a quatro vozes apus la morte do postremeyro de vos anbos e dous, asy que o postremeiro de vos en sua vida ou a tenpo de seu fignamento nomee a primeira voz e a primeira nomee a segunda e a segunda nomee a terçeyra voz et a terçeyra voz nomee a quarta vos et asy vaan as ditas voses huna pus outra suçesive, et non seendo nomeadas que enton seia voz aquel ou aquela que de dereito herdar os outros vosos beens. Conven a saber esto que vos aforo, hunas casas que eu ey en Ourense na rua de Pennavigia, ennas quaes suya morar Afonso Mouryn meu yrmaao que foy, et das quaes estan hermas e por cobrar huna muy grande parte delas, as quaes ditas casas parten con outras casas en que ora mora Lourenço Anes carniçeiro con sua moller Tereyia Pedrairo e con o yxido das vacas e da outra parte con outras casas en que mora Domingo Alveyros carnyçeiro e con outra casa de Anton Fernandes dos Brancos en que ora ten o lagar e tinallas, et ven topar na orta de Martin Gonçalves notario d’Ourense e teen as portas na dita rua publica. Aforo vos as ditas casas con entradas e seidas e con todos seus dereytos e perteenças por hu quer que as aian e devan aver de dereyto, por tal condiço[n] que as apostedes e reparedes do que lles conprir en quanto ora está cuberto e reparado e mays enno que vos poderdes asi de pedra commo de tella e madeira en maneira que non desfalescan por mingoa de boon paramento, et dedes ende de foro en cada huun anno en salvo vos e a dita vosa moller e as ditas vozes a min e a miña voz por dia de San Martiño do mes de novenbro dose livras de diñeiros brancos contados viinte soldos por livra ou a estimaçon delas se outra moeda correr. Et do al que aiades as ditas casas livres e quites e desenbargadas de todo outro çenso e trebuto e encarrego alguun salvo de fumagen acostumada. Et he posto que se vos ou a dita vosa moller ou as ditas voses ou qual quer de vos quiserdes vender, deytar ou supiñorar estas ditas casas ou parte delas que primeiramente frontedes con elas a min ou a miña vos et nos las dedes por lo justo preço que vos outre por elo der ante que a outro alguun. Et obrigo todos meus beens asy movilles commo rayses gaañados e por gaañar para vos anparar e defender a dereyto en este dito tenpo con estas ditas casas que vos asi aforo segundo dito he. Et eu o dito Gonçalvo Branco que soon presente por min e por la dita miña moller que non he presente e por las ditas voses asy o outorgo e reçebo en min estas ditas casas aforadas de vos a dita Tereyia Anes porla meneira e condiçoens sobre ditas. Et para apostar e reparar do que lle conprir o que ora está reparado ennas ditas casas e mays se eu poder, e pagar o dito foro en cada huun anno e conprir e agardar as condiçoens desta carta e cada huna delas obrigo todos meus beens e da dita miña moller asy movilles commo rayzes, avidos e por aver. Et he posto penna entre nos as ditas partes que qual quer de nos que contra esto pasar e o non conprir e agardar que peyte a outra parte que o conprir e agardar quiser por nomme de penna çen moravidis da sobre dita moeda, et a dita penna pagada ou non esta carta e aforamento sobre dito fique firme e valedeyro. Feita a carta en Ourense, dez dias do mes de oytubro, anno do nasçemento de noso señor Ihesu Cristo de mill e tresentos e noveenta e seis annos. Testemuyas que a esto foron presentes Afonso Guiça notario d’Ourense, Ruy Peres çapateiro, Iohane do Este canteilador morador en Ribadavea, Fernan Afonso morador na rua das Chousas, Martiño sobriño do abade da Triindade moradores en Ourense.

Et yo Gomes Peres de Pennavigia escrivano de nuestro señor el rey e su notario publico enla su corte e en todos los sus regnos e notario publico de Orense por el obispo e por la eglesia desse lugar a esto que dicho es presente fue con los dichos testigos e en mi presençia lo fis escrivir e enesta carta que dello di ala dicha Teresa Anes mi nonbre e mi signo fis que elo tal en testimonio de verdad.

(sinal)

[reverso] Carta de Gonçalvo Branco carniçeiro.