GMH/ÍNDICE A-Z

53
1305, xaneiro, 22
foro

O bispo don Pedro afóralles a perpetuidade a Xoán Pérez de Toén e á súa muller (María Méndez), a Pedro Iáñez (dito Cao) e á súa muller (Maior Iáñez), e a outro máis, a cada un no seu terzo, o casal de Figueiredo e dúas leiras, por terza de pan, viño, liño e legumes, 10 soldos ou un porco e 9 soldos, dúas fanegas de trigo por “fugaça”, uns feixes de leña e axuda a facer seara, e as voces media de viño.



ACOu, Escrituras XIV, 103


(En)o nome de deus amen. Sabiam quantos esta carta virem commo nos don Pedro pela graça (...) outorgamos a foro a vos Johan Perez de Toem e a vossa moller Maria Meendez en huna terça parte e a (...) outra terça parte e a vos Pero Eanes dito Cao nosso omme e a vossa moller Moor Eanes na outra terça parte o nosso (...) do Figueyredo a monte e a fonte con todas suas dereyturas e perteenças e con huna leyra de terreo que foy de (...) da herdade dos nossos casares do Souto e do outro cabo parte con a leyra do Felgar que é de Marina Diaz e (...). Iten damos a vos con o dito casar outra leyra de monte que iaz en Villaverde que vay ferir na presa do moyno, a qual iaz (...) deste casar que a vos damos e parte pelo lameyro de Maçaayras a iuso quanto y é por afforar. Damos e outorgamos a vos (...) leyras sobreditos por tal condiçon que vos e toda vossa voz aiades eles en iur de herdade por senpre e lavredes e paredes eles do que non falescam por mingua de lavor e chantedes de vina aquelo que y for para chantar deste dia a tres annos conpridos primeiros que veen e dedes ende a nos ou a nossos suçessores cada anno por nosso moordomo en toda vossa vida e das ditas vossas molleres a terça parte do pam e do vino e do lino e da legumea que deus y der, conven a saber o pam na ayra e o vino no lagar, sen o qual moordomo non devedes de entrar a coller os froytos do casar e leyras sobre ditos. Devedes aynda dar cada anno en dia de San Martiño por dereytura dez soldos de leoneses ou un porco que os valla, qual nos ante quisermos, e nove soldos dessa meesma moeda. Outrossy devedes dar por fugaça duas fanegas de triigo cada anno por fanega dereyta de seys çelemiins, e quando ouver triigo eno casar e leyras sobreditos tomedes ende estas duas fanegas do nosso e do vosso de conssuun, e dardes cada anno por dia de Natal eno nosso curral (...) feyxes de lena e aiudardes nos a fazer seara assy commo é custume no dito lugar de Toem. Et por que vos Jurdana (...) avedes agora marido outorgamos que teña a vossa terça |terça| parte huna pessona depoys de vossa morte commo sobre dito he (e) a morte de vos todos (...) da dita pessona aqueles que teveren os ditos casar e leyras deven nos dar a meatade do vino que deus y der e todas las ou(tras) cousas assy commo sobre dito é. Et este casar e leyras sobreditos deven senpre andar en tres pessonas e nunca en mays (...)caren de (...). Et non devedes sobre eles nen sobre parte delles poñer nen mandar universsario nen renda senon aa igleia d’Ourense. Et devedes seer vassalos fiees e obedientes da igleia d’Ourense assy que contra ela nunca chamedes outro señorio nen outra deffenson sobre (...) e leyras sobreditos. Et se contenda alguna recreçer entre o bispo d’Ourense e vos sobrelos ditos casar e leyras ou sobre parte deles (...) commo dous omes boons da igleia d’Ouense reçebudos de prazer das partes mandaren sen appellaçon neuna. Queremos aynda (...) ou nossos suçessores posermos pedido enas nossas villas e enos nossos vassalos que poñades con eles en esse pedido (...) acaeçer ao casar e leyras sobreditos. Et se ouverdes a vender ou obligar o casar (...)ditos ou parte deles (...) vendades ou obliguedes ante a nos ou a nossos suçessores que a outre polo iusto preço. Et se os (...) nossos suçessores non qui(seren ...) reçeber conprados ou obligados que os vendades ou obliguedes ao cabidoo d’Ourense. Et se os (o dito) cabidoo non quiser comprar (...)ados reçeber que os vendades ou obliguedes a alguun desse cabidoo. Et se os alguun do cabidoo non quiser conprar ou reçeber (...) enton vendades ou obliguedes eles, pero non a cavaleyro nen religiosa pessona nen ome poderoso nen burzes nen amo nen çidadaao nen morador en Ourense nen en burgo nen en outro lugar foreyro, mays a atal pessona que seia comunal de vos e more (...) de Louredo e compra ao bispo d’Ourense todas las cousas que vos por esta presente carta sodes tiudos de conprir. Et se por non poder ou por negligençia o lavor do casar e leyras sobreditos for minguado en parte ou en todo ou alguna cousa das que sobre ditas son non for aguardada por esso vos e toda vossa voz percades todo o dereito \#/ casar e leyas avedes e salvo seia a noso (...) de os tomar e reçeber para nos se quisermos assy commo os acharmos por nossa autoridade sen contradiçon (...) outorgamos deffender senpre vos e toda vossa voz con o casar e leyras sobre ditos a dereyto pelos beens (...) carta en Ourense, viinte e dous dias de janeyro, era de mill e trezentos e quareenta e tres annos (...) chamadas e rogadas don Pero Rodriguez arçidiago de Limia e moordomo do bispo, Martin Fernandez clerigo da igleia de (...)ela de Trasalva, Pero Bezerril camareyro do bispo, Pero de Bayona prelado da igleia de Santa (...) Rodrigo Eanes e (...) Fernandez clerigos do bispo.

# que enos ditos.

Et eu Domingo Martinez publico e iurado notario da çidade d’Ourense que presente foy a esto e por mandado do bispo fiz ende duas cartas partidas por a.b.c. e en cadauna delas puge meu sinal en testimuyo de verdade.

(Sinal)