GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1207
1472, xaneiro, 2. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Rodrigo da Porta, á súa muller e a dúas voces a leira das Canabeiras en Santa María de Amandi, por renda anual da quinta parte do viño e uvas, mailo souto do Barreiro por unha cuarta de viño anual, e outras obrigacións.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 44 v.; Libros, lib. 6289 con referencia ó Lib. E f. 45.

Sepan quantos esta carta de foro viren como nos as personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabildo chamados por son de canpana, segundo que avemos de uso et de custume, çerca da porta por donde soben a os orgos con consintimento et outorgamento de Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon et administrador dos Veroosmos et couto de Amande, aforamos et damos aforo et avervo a vos Rodrigo da Porta, morador çerca da iglesia de Santa Maria d’Amande, que presente estades et a vosa muller, Vibença Rodrigues, et a outras duas personas despoys de vos, huna qual o postremeyro de vos nomear en sua vida ou a o tempo de seu finamento, et outra qual nomear aquela que por lo postremeyro de vos for nomeada, et non seendo nomeadas que seia quen erdar os beens do postremeyro de vos de dereyto et asy da outra persona. Conben a saber que vos aforamos a leyra das Canabeyras que he sub o signo de Santa Maria d’Amande et iasia en monte de la q[...] vos comesçastes a labrar fasta treynta omes cabadura, a qual dita leyra vos aforamos con toda a vina que en ela esta feyta; o qual foro vos fasemos por virtude de huna demision, que da dita leyra de vina, feso Thereia Martines por sy et por todas suas boses en maaos et poder do dito Juan Garçia, dean et admistrador que foy da dita admistraçon; a qual dita leyra avedes de sacar de monte et poer toda de vina todo o que dela aynda esta en monte fasta seys anos primeyros seguentes; et avedes de dar de foro a o dito noso admistrador et a os outros que despoys del foren, en cada hun ano, a quinta de todo o vino et ubas que Deus der en a dita vina, et o vino a a bica do lagar por vista do amistrador, ou de seu home, et as ubas partidas por lo çesto. Et mays vos aforamos con a dita vina o souto do Varreyro, que soya trager Rodrigo d’Albar o velo, como vay desde lo rigueyro abayxo et parte con ho de Juan d’Alveyra et da outra parte segundo que parte con o dito Rodrigo d’Albar, segundo que esta marcado et partido con ho outro souto do dito cabildo, o qual foro do dito souto vos fasemos por quanto o dito Rodrigo D’Albar vos lo aforou por lo tempo et personas que o de nos tyna aforado, et por lo qual dito souto avedes de dar, en cada un ano, huna quarta de boo vino cosido por cada dia de San Martino a o dito amistrador, et avedes de pagar da dita vina et souto o disimo a o amistrador vos et as ditas personas, et seer vasalos seerbentes et obedientes vos et as ditas personas do dito cabildo et amistrador, et non avedes de bender, nen enpenar, nen partir, nen aforar este dito foro, nen parte del, a persona alguna sen liçençia do dito cabildo ou amistrador, et as personas que despoys de vos suçederen en este dito foro que seian vosos semelabeles; et avedes cada ano de podar et cabar et rendar a dita vina, et se o asi non feserdes que perdades este dito foro se vos lo quiseren resçeber; et avedes de dar ho [...] et aiudar a cicar as ubas do amistrador, et dar vista de bendimia et non bendimiar nen sacar o vino do lagar sen liçençia do amistrador, et conplir, et pagar todas las outras cousas que compren et pagan todos los boos foreyros; ou demays que qualquer que despoys de vos, ou da dita vosa muller, suçeder por persona deste dito foro que seia tyuda et obligada de se viir mostrar et presentar ante o dito cabilldo et amistrador como he persona do dito foro fasta çinquoenta dias primeyros seguentes, so pena que se o asi non feser que por ese meesmo feyto ho aia perdido et peerda et se torne a o dito cabildo et amistrador se o quiseren resçeber.

Et eu, o dito Rodrigo da Porta, que presente estou asi resçebo de vos, os ditos senores do dito cabildo, este dito foro con todas las condiçoes sobreditas para mi et para a dita mina muller et personas, et obligo a mi et a os ditos meus bees, mobeles et rayses, avidos et por aver, et da dita mina muller et personas de o complirmos et atendermos et labrarmos et pagarmos todo asi segundo arriba se conten.

Et nos, o dito cabildo, asi vos lo outorgamos, et porque seia çerto outorgamos delo duas cartas de foro anbas en hun thenor huna para vos, o dito Rodrigo da Porta, et vosa muller et personas et outra para nos, o dito cabildo, et a vosa mandamos que seia seelada con o sello do dito cabildo.

Que foy feyto et pasou todo en o dito cabildo, a dous dias do mes de janeyro, ano do nasçemiento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seteenta et dous anos.

Testigos que foron presentes et outorgaron este dito foro: don Johan Afonso, chantre; et don Gomes Garçia, arçediano de Deçon; et don Gonçalo Rodrigues, thesoreyro; et Juan de Deça, juys; et Rodrigo Afonso da Rigeyra, et Diego Vasques, et Juan Ares de Parga, et Pedro de Mera, et Roy Dias de Freyxo, et Afonso de Galdo, canonigos et capitulantes; et Juan Ares, et Fernan Dianes, raçoeyros.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çiudade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria a todo o que sobredito he en un con os ditos testigos presente foy et esta carta de foro, segundo ante mi pasou et foy outorgada, por las ditas partes por outro en mina presençia fise escripvir et en meu registro et protocolo ha sentey, et por ende fis aqui estes meus signo et nome acustumados en testemoyo de verdade. Rogado et requerido.