GMH/ÍNDICE A-Z

077
1457

XJX (25R)

-77-

Vẽta.

Ẽno dito lugar, este dito dja, mes e ano4. Como4 eu, Jácome de Marroços, morador en / Santa María de Marroços, que so presente, por mj e en bos e en nome4 de mjña moller, / Tareyia Rrodriges, que he avsente, porla qual me obligo4 cõ todos meus bẽes, gañados e por / ganar, de mostrar seu poder bastante para rreteficar e outorgar o en esta carta cõti/údo e cada hũa cousa e parte dello e que o averá por firme, rrato, grato / e valedeyro para senpre jamais, outorgo e coñosco que por rrasõ que vós, Afonso Martíns / de Sestelo, forneyro, morador en Rriãjo, fostes titor e gardador dos bẽes mobles / e rraýses que perteesçen e pertẽesçer deujã a Juane4 e a María, fillos legítimos / de Lopo4 Martíns de Çidrãas, voso yrmão, menores de hedade, que del ficarõ, que sõ /finados, por fin dos quaes, por morrer menores de hedade e porque seu padre / nõ feso nẽ ordenou seu testamẽto, perteesçen os ditos bẽes á dita Tareyia Rrodriges, / mjña moller, madre dos ditos menores; por ende, outorgo e coñosco ẽno dito / nome4 que vendo por juro de herdade, para senpre jamais, a vós, o dito Afonso Martíns, forneyro, / e a vosa moller, María de Lugo, que presente estades, que sejã para vós e vosos herdeyros / e soçesores, tódoslos bẽes mobles e rraýses, así casas, casares, cortes, eyras, / enxjdos, gãados, vjnas, herdades e outros chantados e quaesque(e)r bees e / propiedades que aos ditos Juane4 e María, fillos do dito Lopo4 Martíns e da dita Tareyia Rrodriges, / mjña moller, perteesçen e perteesçer deujã como que(e)r e en qualque(e)r maneyra e por / qualque(e)r rrasõ, a mõtes e a fontes, so as cãpãas de Sã Mjgell de Rranrís e de / Santa María de Luou ou en outras quaesque(e)r partes; o qual todo que dito he vos vendo por / preço e cõtía de dosentos4 e des morauidís vellos, de que me outorgo e teño por ben cõtẽto / e pagado e en rrasõ da paga rrenũçio as leys que falan en rrasõ dela, et çétera. / E oblígome4 cõ todos os ditos meus bẽes de voslos faser çertos e sãos e libres e / desẽbargados de qualque(e)r persona4 que voslos veña demãdando so241 pena4 do / dobro da242 dita cõtía e de vos pagar tódaslas custas, dapnos4 e jntereses e menoscabos, / que por esta rrasõ se vos rrecreçerẽ, e desde agora vos poño ẽno jur e posesiõ / de todo ello, et çétera. Outorgo carta firme qual paresçer signada4 do presente notario. Testigos: / Afonso de Sã Gião e Afonso de Cãpelo e Rroý Martíns, moradores en Rriãjo.

__________

4. Leva un trazo sobre a palabra.
241. Despois está riscado a dita.
242. Escribiu da / dita cõtía, corrixiu da en do e engadiu na marxe dobro da
.