GMH/ÍNDICE A-Z

149
1324, xaneiro, 13
foro

O cabido afóralles a perpetuidade a Miguel Domínguez e á súa muller, Maior Martínez, un soar na rúa da Fonte do Bispo, pertencente á capela que ordenou o cóengo Roi Díaz, por 21 soldos.

ACOu, Escrituras XIV, 97

Sabbeam quantos esta carta viren que presentes e outorgantes dom Vaasco Perez deam d’Ourense e ho cabidoo desse lugar, Pero Martinez capellan da capella que ordinou Roy Diaz coengo que foy d’Ourense afforo a vos Migueel Domingues da Fonte do Bispo e a vossa moller Moor Martinez e a toda vossa voz para senpre huun soar que a dita capella a na rua da Fonte do Bispo, o qual soar esta entre a casa da capella de Santa Maria a Madre da huna parte e da outra a casa de donna Elvira e en fondo fere na rua Nova e da outra parte fere na rua por que van da Fonte do Bispo para a cruz dos Ferreiros. Aforovos o dito soar por tal condiçon que dedes cada anno ao que tever a dita capella por dia de Sam Martiño viinte e huun soldos da moeda blanca del rey dom Fernando, e livre e quite de todo outro enbarguo. Et se quiserdes vender o dito soar ou vossa voz que o vendades ante ao que tever a dita capella ca a outro polo justo preço, e se o el assy non quiser reçeber que o vendades ao cabidoo d’Ourense polo justo preço e se o el assy non quiser reçeber enton o vendede a atal ome que seia semellavil de vos que cunpla e pague cada anno o dito foro em paz e en salvo commo dito e. Et eu o dito Migueel Dominguez por min e pola dita miña moller e por mina voz obligo todos meus beens gaañados e por gaañar para vos pagar cada anno o dito foro commo dito he em paz e en salvo. Et eu o dito Pero Martinez obligo todolos beens da dita capella para vos anparar e defender senpre a dereito com o dito soar. Et poserom entre sy pena que quen quer das partes que contra esto passasse e o non agoardasse que peitasse aa parte que o agoardasse cem mor. da boa moeda. Et desto as ditas partes pidirom a min Afonso Viviaez chançeler senllas cartas partidas por .a.b.c. Feita a carta em Ourense, trese dias de janeiro, era de mill e trezentos e seseenta e dous annos. Testimuyas que a esto presentes forom Johan Rodrigues chantre, don Pero Rodriguez arçidiago de Limya, don Berald’Afonso arçidiago de Buval, Pero Afonso, Pero Afonso, Pay Ares coengos d’Ourense.

Et eu Affonso Viviaez coengo d’Ourense e chanceler dessa cidade que a estas cousas presente foy e en mia presença as fige escrivir e este meu sinal y puge em testemunyo de verdade.