GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

203
13321332, xaneiro, 1

venda

María e Sancha Domínguez véndenlles a Miguel Pérez e á súa muller, Mariña Pérez, veciños de Gustei, un terreo por 300 soldos de moeda portuguesa.

ACOu, Escrituras XXI, 38

Sabean quantos esta carta viren que eu Maria Dominguez e eu Sancha Dominguez ... Paes Garçeta que foy de Gostey, presentes e outorgantes nosos maridos Joan Lourenço e Domingo Paes, por nos e por toda nosa voz vendemos e outorgamos para senpre a vos Migueel Perez de Gostey e a vosa moller Marina Peres e a toda vosa voz huun terreo de dezemo a deus que jaz en Cabo de Vila e parte con outro de nosos hyrmaos Lourenço Dominguez e Joan Dominguez da huna parte e entesta na ayra de Maria Dominguez da Ponte que foy e enno noso lagar e ençima entesta na erdade de Joan Bugallo e en fondo na de Lourenço Peres. Et desta leyra vendo eu Sancha Dominguez as tres quartas e eu Maria Dominguez a huna quarta, e livre e quita de todo outro enbargo, esta vendemos a vos por trezentos soldos da moeda portugeesa de que nos outorgamos por ben pagadas. Et outorgamos a vos a anparar a todo tenpo a dereito con esta vindiçon por todos nosos beens gaañados e por gaañar. Et quen quer que vos contra esto qiser pasar quer da nosa parte quer da estranya aja a yra de deus e peyte a vos de pena quanto a vos demandar e aa voz del rey c mrs. e esta carta estia firme. Feyta a carta o primeyro dia de janeyro, era de mill e ccc e lxxª annos. Tests. Domingo Paez da Carreyra e Joan Eanes e Domingo Peres de Sequeyros e Gonçalvo Fernandes dy.

Et eu Ares Eanes notario jurado de Buval e de Castella por Afonso Eanes notario del rey a prazer das partes escripvi esta carta e fiz y meu sinal semellante o do dito notario que tal este.

(sinal)