GMH/ÍNDICE A-Z

477
1434novembro, 15
Martín Sánchez, abade da Trindade, recibe como foreiro dunha viña sita na Valenzá, a perpetuidade e por sexta, a Gonzalo Meiriño, que lla comprara por 900 mrs. ao cumpridor de Gonzalo Anes da Valenzá. (fols. 142v-143)

Carta de Gonçalvo Meyriño.

Feita e dada, esta notada enno libro
manual mays conpridamente et en forma.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu Martin Sanches, abade da igleia da Triindade da çidade d’Ourense et vigario, dou et outorgo, aforo a vos Gonçalvo Meyriño que sondes presente e a vosa moller Eynes Afonso que non he \presente/ non he presente, moradores enna aldea da Balançaa \e a todas/ e a vosas voses por lo tenpo e v \para senpre/, conben a saber que vos aforo huna leira de viña que jaz enna aldea dea Balrbadaas\ançaa/ onde chaman et parte con viña a Forcadura et parte con viña de Joan Afonso das Lamas et da outra parte con viña de Pero Migees, en çima entesta no monte, en baixo en viña de Afonso Rodrigues das Lamas, a qual dita viña foy de Gonçalvo Yanes de Balançaa e mandou vender Afonso do Vale et seu conpridor et o dito Afonso do Vale deytoa a vender et vos conprastesla por lo noveçentos mrs. da dita moeda, por ende eu aforovosla de novamente e reçebo vos por foreyro dela, a qual vos aforo con todas suas entradas etç. por tal condiçon que a labredes et paredes ben etç. e façades dela foro de sesta de todo o viño et conposta que deus en ela der, a conposta na viña e o viño no lagar, a qual novidade colleredes por meu mayordomo etç. et obri e do al de disemo a deus etç. e se quiserdes vender etç. e non faredes manda etç. e obrigo os beens da dita abadía etç. et eu o dito Gonçalvo Meyriño obrigo meus beens etç. Penna CC .- etç. Tests. Pero Carneiro coengo enna igleia d’Ourense, Meen Suares, Roy Conde, Pero Calbeyro. Feita XV dias de novenbro. (fol. 142v)