GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo

148

1431, novembro, 20. Orrea.
Escritura de foro outorgada pola abadesa de Santa Comba de Orrea a favor de Fernán Pérez de Lourido e de Xoán Alonso, de dous cuartos da viña sita en Galegos, do tercio da froita do hospital e da herdade de Xoán Domínguez.
A, perg. irregular, con signo notarial, de 170 x 265 mm. Letra semigótica.
Ed.: e. cal pardo: “El Monasterio de ‘Dueñas’ de Santa Comba de Orrea”, op. cit., pp. 65-66.

Sabam quantos esta carta de foro viren commo nos donna Maria Lopes abbadesa do moesteiro de santa Coonba seendo en noso cabido con nosas / donas todas ajuntadas por canpaa tanjuda segun que avemos de vso et de costume aforamos a vos Fernan Peres de Lourido et a vosa muller / Sancha Fernandes enna meetade et a vos Johan Afonso et a uosa muller Orraca Afonso enna outra meetade conben a saber que uos aforamos dous quartos / de vinna que nos teemos en Galegos enna chousa da Cançeleyra a qual dita vinna teuo et leuou Johan Domingues. Et avedes de leuar mays con esta / dita vinna o terço da froyta do espital segundo que a leuaua et vsaua o dito Johan Domingues. Et avedes de leuar mays con a dita vinna o quinto da herdade que leuaua o dito Johan Domingues na herdade de Johan Alonso da Veyga et mea teega de sementadura enna serra et desto non avedes de dar / quinon. Et avedes de dar o terço do vino que Deus der enna dita vinna a bica do lagar et ho disimo en saluo et en pas por foro et / disimo. Et outrosy vos aforamos mays a vos o dito Fernan Peres et a vosa muller et a hun voso fillo et a hun neto ho noso bacelar que feso / donna Mayor Gonçalues abbadesa (donna Mayor Gonçalues sic) que esta ao lagar de Galegos et avedes de prouar et prantar et poer o dito baselar en forqueta et en / lata et manteerla et dar por foro et por quinon o terço et disimo. Et vos aforamos mays a vos o dito Fernan Peres et a uosa muller toda quanta / herdades tragia et avia Eluira Fernandes nosa frayra que foy enna quinta de Lopes et o noso moesteiro et nos por ela suçedemos et avemos enna / dita quinta et que paguedes por foro et çenso en cada hun anno mea liura de çera. Et este sobredito foro vos fasemos para vos / os sobreditos et para vosos fillos et netos. Et querendo vos ou cada hun de uos vender este foro ou parte del que seia frontada / abadesa et conuento que o posa aver por lo justo preço et no querendo que o vendades a tal persona que seia vasalo et obediente / a nos et a noso conuento. Et con estas condiçoes sobreditas vos aforamos as ditas vinnas et herdades et cousas sobreditas. / Et nos o dito Fernan Peres et Johan Alonso que presentes estamos asy reçebemos o dito foro et cousas sobreditas para nos et para nosas / mulleres et fillos et netos et obrigamos a nos et a todos nosos bees de o teer et conprir en todo et por todo. Et nos / abbadesa et conuento asy volo outorgamos et obrigamos de volo faser de pas a todo tenpo con dereito. Et porque todo / seia çerto mandamosuos faser hua carta de foro a mays çerta que se poder faser que foy feita et outorgada en Santa / Coonba vinte dias do mes de nouenbro anno da naçença do noso sennor Jesucristo de mill et quatroçentos / et trinta et hun annos. Testemoyas que foron presentes (testemoyas que foron presentes sic) Johan clerigo capelan do dito moesteiro Afonso / Gonçalues Johan Sabachas et Johan Afonso et Pedro Afonso moradores en Galegos et Gonçaluo Fernandes da Veyga / et outros. Et eu Rodrigo Afonso notario publico do moesteiro de Santa Conba et en todo seu couto a todo esto que / dito he presente foy con as ditas testemoyas et esta carta por manado das ditas partes con minna mao / escriui et aqui en ela puge meu nome et meu synal que he tal en testemoyo de / verdade. (Signo). Rodrigo Afonso notario (Rúbrica).

(Reverso):
M. viii. n. 34. Foro de vna vina de santa Conba que esta en Galegos.