GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

629
1360, maio, 26. Lugo

O bispo e o Cabido de Lugo outórganlles a Lope Fernández e á súa muller unhas casas na rúa de Santa María de Monforte e recibe a cambio dúas viñas en Monte Pando, freguesía de San Martiño de Gándara.

MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 54r.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos dom frey Pedro Lopes da orden dos preegadores por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, con outorgamento de dom Diego Fernades, dayan, et dos homes boos do cabidoo da nossa iglesia, da huna parte, et eu Lopo Fernandes, mercador, morador en Monforte, por min et por minna muller, Clara Eanes, da outra, façemos entre nos tal escanbeo que seia valedeyro para senpre: conven a saber que nos, o dito sennor obispo, damos a vos, o dito Lopo Fernandes, et a a dita vosa muller, Clara Yanes, para vos et para toda vosa vos pus vos que aiades para senpre iamays por iur de herdade as nossas cassas que estan enna villa de Monfforte enna rua de Santa Maria, as quaes tevo afforadas don Affonso Gomes, arçidiago de Deça da nossa iglesia, as quaes cassas estan entre as cassas que son da cappella de Aras Gonçalves et entre as cassas que foron de Gonçalvo Yanes, assy commo van da rua a a çerca, ennas quaes cassa vos ora o dito Lopo Ferrnandes et a dita vossa muller morades, as quaes cassa vos damos segundo dito he con todas suas dereyturas et pertenenças, iures et agoas vertes, entradas et seydas.

Et eu, o dito Lopo Ferrnandes, que pressente estou por min et por la dita minna muler et por toda minna vos, assy reçebo de vos, o dito sennor obispo, con outorgamento do dito dayan et cabidoo, as ditas cassas, et dou a vos, o dito sennor obispo, en escanbea para vos et para a dita vosa iglesia que aiades para senpre iamays por iur de herdade duas vinnas, que iasen enno termino de Monforte, ut chaman Monte Pando, as quaes vinnas iasen sub signo de San Martino da Gandara, entre as vinnas que foron de Domingo Domingues, alfayate, et do outro cabo topan en huna vinna de Martin Domingues, o frade, et d’outra vinna de Afonso Fernandes, yrmao de min, o dito Lopo Fernandes. Et nos, o dito sennor obispo, asy reçebemos de vos, o dito Lopo Fernandes, as ditas vinnas que nos dades en escambea por las ditas cassas, segundo dito he, para nos et para a dita nossa iglesia.

Et logo por esta pressente carta nos, os ditos sennor obispo et Lopo Fernandes, nos metemos huuns a outros enno iur et possison et propriedade das ditas casas et vinnas que nos damos en escanbea, et des oie mays este dia todo poderio et sennorio de cada huna de nos as ditas partes seia tirado et removudo et posto ennos outros. Et que esto seia çerto nos as ditas partes rogamos a Ruy Gonçalves, coengo, notario publico de Lugo, que fesesse desto duas cartas en hun tenor huna para nos, o dito sennor obispo, et outra para vos, o dito Lopo Fernandes.

Que foron feytas en Lugo viinte et seys dias do mes de mayo, era de mill et tresentos et noveenta et oyto annos.

Testemoyas: dom Diego Ferrnandes, dayam; don Afonso Gomes, arçidiago de Deça; don Ruy Ferrnandes, arçidiago de Neyra; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Vaasco Dias, arçidiago de Triacastella; don Pedro Aras de Parrega, mestrescolla; don Lopo Domingues, juys; don Alvar Rodrigues, thesoreyro; Johan Dias, Thomas Gonçalves, Gonçalvo Yanes, Diego Gomes, coengos da dita iglesia, et outros.

Et eu Ruy Gonçalves, notario publico de Lugo dado por autoridade do dito sennor obispo, a esto que sobredito he presente foy et a rogo et pedimento das ditas partes esta carta en minna presença fis escrivir et puge en ela meu signal en testemoyo de verdade.