GMH/ÍNDICE A-Z

1154
1463, decembro, 23. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Inés López e a dúas voces unha casa na rúa de Barrio Falcón, freguesía de San Pedro, por renda anual de dezaseis marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 30 v.

Saban quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo per son de campaa tangida, segundo avemos de uso et de costume dentro en a dita iglesia en a Capella de San Bertolameu, entendendo que fazemos noso proveyto et de nosos suçessores aforamos et damos en foro a vos Ignes Lopes, filla que fostes de Lopo Afonso, arçediano que foy de Deçon, et a outras duas persoas despois de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento et outra qual nomear aquella persoa que por vos for nomeada, et se non for nomeada persona que seia persona do dito foro quen herdar vosos beens, et asi da persona que por vos for nomeada, huna casa que he dos aniversarios da dita iglesia de Lugo, que he sita et locada en esta ciudade de Lugo en a rua de Barro Falcon, sub o signo da Capella de San Pedro, a qual esta junta da huna parte con outra casa que ten Johan Ares, raçoeyro da dita iglesia de Lugo, et da outra parte esta junta con outra casa que agora ten Clara Martines, muller de Alvaro de Mera, et topa en a rua publica, a qual dita casa vos aforamos et damos en foro con outra casa pequena que esta defronte ante a dita casa con sua barra de vina, segundo esta de lado cabo de outra casa da Capella de San Thome en que agora mora Mayor Lopes, yrmaa que foy de Alvaro das Camoyras, segundo vay con seu saydo topar en o saydo da casa en que agora mora Gomes Dourado, clerigo de Robra, et de arredor topa en a rua publica, segundo que a tevo Estevoo Yanes coxin, clerigo, et segundo que a depois tevo et posseeu Alvaro Afonso, clerigo, voso yrmao, et segundo ella a nos perteesçe et a os ditos aniversarios; as quaes ditas casas vos aforamos et damos en foro, segundo dito he, con todos seus iures et pertinenças et entradas et saydas segundo que as tevo et posseeu o dito Alvaro Afonso, clerigo, voso yrmao que foy, et segundo que ellas a nos perteesçen et a os ditos aniversarios, a tal pleyto et condiçon que vos et as ditas persoas que suçederen en o dito foro despois de vos tenades et tenan as ditas casas levantadas, cubertas et portadas et en boo paramento, et dedes dellas de foro vos et as ditas personas depois de vos, en cada hun ano, des et seis maravedis de longos a o rendeyro ou colledor dos ditos aniversarios por dia de San Martino de novembre, et a finamento da postremeyra persona, que suçeder en o dito foro, que as ditas casas fiquen libres et desenbargadas con todo ho a ellas perteesçente, feytas, cubertas et ben reparadas con todos los boos paramentos que en ellas foren feytos a nos, o dito cabidoo, et a nosos sucessores et a os ditos aniversarios, cuias son; et a segunda et terçeyra personas, que suçederen en o dito foro, que cada huna dellas, que suçeder en o dito foro por foreyra, que do dia que en el suçeder por foreyra fasta trinta dias logo siguentes se vena mostrar foreyra do dito foro a nos, o dito cabidoo, ou a nosos suçessores, sub pena que se o asi non feser que por esse mesmo feyto perga o dito foro.

Et eu, a dita Ignes Lopes, que presente soo asi reçebo o dito foro das ditas casas de vos, o dito cabidoo, para min et para as ditas persoas por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a meus beens et das ditas persoas de conplir et pagar todo o susodito segundo et en a maneyra que dita he et segundo en esta carta de foro se conten.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos, et porque esto seia çerto nos, o dito cabidoo, octorgamos ende et mandamos faser a o presente notario duas cartas de foro ambas en hun tenor huna para vos, a dita Ignes Lopes, et vosas persoas et outra para nos, o dito cabidoo, et nosos suçessores, et por mayor firmesa mandamos seellar con noso seelo pendente a carta de foro de vos, a dita Ignes Lopes.

Que foy feyta et outorgada en a dita ciudade de Lugo en a dita iglesia et lugar, viinte et tres dias do mes de dezembre, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta et tres anos.

Testemoyas que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gonçalvo Rodrigues de Hemil, arçediano de Triacastella; Gonçalvo Rodrigues de Parga, thesoreyro; Rodrigo Afonso, Gomes Vasques, Johan Vidal, Diego Fernandes, Diego Vasques, Juan Ares, Rodrigo Afonso das Camoyras, et Pedro Meendes, canonigos da dita iglesia de Lugo.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita ciudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo o suso contiudo con as ditas testemoyas presente foy, et esta carta de foro por mina maao propia escrivi et aqui puge meu nome et signal acostumado en testemoyo de verdade que he tal rogado et requerido.

Non enpeesca onde vay escripto sobre raydo que dis feytas, cubertas et ben reparadas con todos, que asi ha de diser et non foy viçio mays foy error do escrivan et eu, o dito notario, ho aprovo.

Petrus Alfonsi, canonicus, notarius.