GMH/ÍNDICE A-Z

701
1369, abril, 13. Lugo
Estevo Eanes, subprior e procurador do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil (inclúe a carta de poder: 1369-IV-5, CD n.º 700), outórgalles ao bispo e ao Cabido de Lugo a igrexa de Santiago de Vilar de Ortelle e recibe a cambio as de Santiago de Cangas e San Miguel de Rosende, en terra de Lemos.
MADRID, AHN, Carp. 1332 F/17, perg. orix., galego, gótica cursiva, 294x361 mm.

En nome de Deus amen. Sabeam quantos esta carta viren commo en presença de min Fernan Garçia, notario publico de Lugo dado por autoridade do bispo desse lugar, et das testemunias subscriptas, seendo o moyto onrrado padre et sennor don frey Pedro Lopes da orden dos preygadores por la gracia de Deus, obispo de Lugo, et dom Ruy Ferrnandes, dayam, et o cabidoo da dita iglesia iuntados en cabidoo por campaa taniuda ennas cassas do dito sennor obispo, Estevoo Yanes, monie et subprior do moesteyro de Santestevoo de Riba de Sil, mostrou huna carta de procuraçon de dom Affonso Yanes, abbade, et do convento do dito moesteyro scripta en papel et seellada con seus seellos en costa, segundo por ella paresçia, da qual o tenor he tal:

Segue a continuación a carta de poder (CD n.º 700).

a qual procuraçon leuda logo os ditos, sennor obispo et dayam, et cabidoo por sy et en nome de sua iglesia, da huna parte, et o dito Estevoo Yanes en nome dos ditos abbade et convento do dito moesteyro, da outra parte, feçeron esta permutaçon et concanbeo que se siguen: conven a saber que o dito Estevoo Yanes, suprior, en nome dos ditos abbade et convento do dito moesteyro por lo poder [desta] procuraçon, deu et outorgou en concanbeo et permutaçon a os ditos sennor obispo et dayam et cabidoo de sua iglesia, que a logo reçeberon, para senpre por iur de herdade para elles et para seus suçesores, a iglesia de Santiago de Villar d’Oortelle que he en terra de Savinao enno bispado de Lugo, que he do dito moesteyro, et de que son verdadeyros padroes et estan en iur et en posisson vel quasi de apresentar, con todas las ren[das] et dereytos et carregas et abçon et dereyto et iur de apresentar que o dito abbade et prior et convento an et perteesçe de aver a elles et a seu moesteyro en qualque maneyra na dita iglesia et ennos disimos et rendas et dereyturas dela, asy que posan dela et en ella et das dereyturas dela faser todo quanto quiseren et por ben teveren d’aqui adeante, asy commo de sua cousa propria. Et logo os ditos sennor obispo et dayan et cabidoo por sy et por sua iglesia et por seus sucçesores deron et outorgaron en concanbeo et permutaçon por esta iglesia sobredita, a o abbade et prior et convento do dito moesteyro de Santestevoo de Riba de Sil, et a este Estevoo Yanes sobredito, seu procurador, que presente siia, et o reçebeo en seu nome et do dito seu moesteyro, et para elles et para seus sucçesores por iur de herdade para senpre, conven a saber as iglesias de Santiago de Cangas, que he en terra de Lemos no Val de Ferreyra et de sam Miguel de Roosende, que he en Lemos en terra de Verosmo de Iussao, que son no bispado de Lugo, con todas las rendas et dereytos et pertenenças que avian et lles perteesçia de aver ennas ditas iglesias et en cada huna delas, et deronlle-las livres et quitas et exsentas de todas las procuraçoes et carregas et moyos et pididos que os ditos sennor obispo et dayam et cabidoo et cada hun deles, por nome de sy et de sua iglesia, avian et lles perteesçia de aver ennas ditas iglesias et en cada huna delas, que as aian d’aqui endeante livres et quitas et exsentas para senpre por suas para façeren delas toda sua voontade, commo de sua cousa propria, salvo ende os sinodaticos que lles de dereyto non podian dar. Et outrosy que os ditos abbade et convento seian teudos de presentar ante os amiistradores, quando vagaren delles, et que os amiistradores aian visitaçon et correcçon nos ditos cappellaes et nos fiigliges das ditas iglesias, segundo se conten ena aneyxaçon que os ditos abbade et convento teen quando lles foron aneyxadas as ditas iglesias de Santiago de Cangas et de Roosende, et por rason que os ditos abbade et convento an a poer cappellam na dita iglesia de Roosende que a servia et disia que a tempos o non podia achar por quanto a dita iglesia veo a pobresa, os ditos sennor obispo et dayam et cabidoo por faser ben et merçee a os ditos abbade et convento outorgaron et mandaron que os ditos abbade et convento asignasen para o dito cappellam seys moyos de pan et de vinno cada anno enna dita iglesia et a oferta de mao beyiada et o mortuorum. Et non podendo eles achar o dito cappellam, que queyra servir a dita iglesia, que o amiistrador de terra dos Verosmos por lo cabidoo o possa y poer et que aia os ditos moyos [...], et non no querendo asy faser o amiistrador que o abbade et convento posan [servir] a dita iglesia por seu cappellam ou por seu monie, que faça en ela residençia ata [...] cappellam que queyra servir a dita iglesia con a dita quantia. Et por quanto a dita iglesia de Vilar d’Oortelle agora esta enclerigada en Gonçalvo Martines, prelado della [...] et dayan et cabidoo non podian aver a dita iglesia nen presentar a ella ata que se vagar do dito Gonçalvo Martines, estas partes sobreditas outorgaron que os ditos [...] rendas et dereyturas et procuraçoes et çensos que elles avian de aver enna dita iglesia de Santiago de Cangas et o dito sennor obispo et dayam et cabidoo sian todas [...] que os ditos abbade et convento avian de aver et lles perteesçia na dita iglesia de Vilar d’Oortelle et que aian as rendas da dita iglesia de Roosende segundo [...] a dita iglesia de Villar d’Oortelle vagar do dito Gonçalvo Martines, et tanto que a dita iglesia del vague que estas partes sobreditas aian cada huna seus concambeos [...] para senpre segundo de susso son nomeadas et declaradas, et esta permutaçon et concanbeo sobreditos outorgaron para senpre estas partes sobreditas et prometeron de as [aver] por firmes et non viir contra ellas por qualquer rason que podese seer de dereyto ou de feyto, et demays o dito sennor obispo et dayam et cabidoo sobredito obligaron seus bees et de sua iglesia para faser de pas a o abbade et convento sobreditos as ditas permutaçon et concanbeo que lles dan, et outrosi o dito Estevoo Yanes, suprior, obligou os bees do dito abbade et prior et convento et do dito seu moesteyro, por lo poder da dita procuraçon, para faser de pas a os ditos sennor obispo et dayam et cabidoo et a sua iglesia de Lugo a dita iglesia que lle dan en permutaçon et concanbeo, segundo sobredito he.

Et por que esto seia çerto estas partes sobreditas rogaron a min Fernan Garçia, notario sobredito, que fesese desto duas cartas tal huna commo outra, huna para os ditos senor obispo et dayam et cabidoo, et outra para os ditos abbade et seu convento, et por mayor firmidue o dito sennor obispo et o dito cabidoo mandaronnas seellar de seus seellos pendentes, et outrosi o dito Estevoo Yanes seellouhas de seellos pendentes dos ditos abbade et convento de Santestevoo.

Que foron feytas en Lugo, trese dias do mes de abril, era de mill et quatroçentos et sete annos.

Et foron presentes et testemoyas: don Ruy Fernandes, dayan sobredito; don Iohan Dias, chantres; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Sarrea; don Alvar Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Rodrigo Affonso, arçidiago de Triacastela; don Ruy Gomes, meestrescola; don Diego Gomes, thesoreyro; Gonçalvo Yanes et Fernando Aras, coengos; Aras Peres et Aras Fernandes, raçoeyros da iglesia de Lugo; Ruy Lopes de Aguiar, ts.

Et eu Fernando Garçia, notario publico sobredito, a todas estas coussas sobreditas et cada huna delas presente fuy et a rogo dos sobreditos sennor obispo et dayam et cabidoo et do dito Estevoo Yanes, procurador, esta carta scripvi et puge en ella meu nome et meu signal en testemoyo de verdade. Et non enpeesca huna entrelinna que he ençima a os XXXªVI regloes ca eu notario emendey. (+).