GMH/ÍNDICE A-Z

222
1326, xullo, 9
María Domínguez véndelles a Xoán Martíns e á súa muller unha leira en Albeiros por 50 soldos.
MADRID, AHN, Carp. 1332 C/15, perg. orix., galego, gótica cursiva, 218x102 mm.

Sabeam quantos esta cata virem commo eu Maria Domingues d’Alveyros, muller de Miguell Fernandes que foy, de bon curaçon et de boa voontade, vendo a vos Iohan Martines, correeyro, et a vossa muller Mayor Peres, et a vossa vos, huna leyra de herdade que ias a a fonte d’Agrotem, et fere de testa en outra vossa leyra, et da outra testa fere na veyga, et da unna das partes ias a leyra de Pedro Eanes da Crus, a qual leyra he su signo de sam Lourenço d’Alveyros, con suas pertenenças et dereyturas; et reçebo de vos en preço por esta vençon çinquaenta soldos desta moneda del rey don Fernando, a quatro dineiros por cada tres soldos, de que soo ben pagada et entrega, et obligo por min et por todos meus bees mobelles et reys de vos façer senpre esta vençon de pas, et dessoie mays este dia avedea senpre en pas vos et toda vossa voç pus vos todo meu poderio et senorio ende seia sacado et removido et metudo nos vossos.

Feyta a carta IX dias de iullio, era de mill et CCCLXIIIIº annos.

Testemoyas: Domingo Peres do Forao, Fernan Domingues, coytelleyro, Fernan Eanes do Booçello, et outros ts.

Et eu Aras Peres, notario publico de Lugo, a esta vençon pressente foy et esta carta escrivi et puge y meu signal en testemoyo de verdade.(+).