GMH/ÍNDICE A-Z

878
1388, setembro, 4. Lugo
Pedro Fernández e a súa muller resolven as débedas contraídas coa igrexa de Lugo mediante a entrega de diversas propiedades sitas nas freguesías de Santalla de Mazoi, San Clodio de Aguiar e San Salvador de Mosteiro. Deseguido reciben en precario as tres cuartas partes do couto de San Pedro de Soñar, que gozaban segundo acordos anteriores.

MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 30r e v.

LUGO, AC, extr., Tumbo Nuevo, fol. 235r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos Pedro Fernandes de Sonnar et minna moller, Eynes Lopes, por nos et por todos nosos herdeyros et nosas vozes por devedas de quantias de pan et maravedis que devemos et somos obligados a vos o onrrado sennor don frey Pedro Lopes, obispo de Lugo, et a vosa iglesia do tempo et annos pasados que tevemos a vosa tulla dos moyos de pan que en ella reçebemos das vosas terrarias et dos foros que en quanto a tevemos recadamos dos vosos caseyros damos a vos, o dito sennor obispo, et a vosa iglesia que ajades livremente para senpre jamays sen noso enbargo por jur de vosa herdade todas las herdades et casas et arvores que nos avemos et nos perteesçen en Castelo et en Maçeeda et en Sant Cloyo con a parte que avemos enno couto de Sant Cloyo asy commo as avemos compradas de Pedro Fernandes da Cabreyra que nos las vendeu en nomme de sua moller, Costança Martines, que son sub signos de Santa Alla de Masoe et de Sant Cloyo d’Aguiar et de Sant Salvador de Moesteyro; et vos damos mays todas las herdades et casas et arvores que avemos et nos perteesçen en Castelo do Couto por conpra que delas fesemos a Fernan Rodrigues de Lamas, que son sub signo de Santa Alla de Mansoe; et vos damos mays todas las herdades et casas et arvores que nos avemos et nos perteesçen ennas fiigresias de Sant Salvador de Calde et de Sant Bereyxemo de Baçar por conpra que delas fesemos a Tareija Fernandes de Papoe, filla de Fernan Negrucho et de Tereija Gomes, sua moller; et vos damos mays todas las herdades et casas et arvores que nos avemos et nos perteesçen en Papoe sub os signos de Sant Salvador de Calde et de Sant Bereyxemo de Baçar por compra que delas fesemos a Gomes Gonçalves, fillo de Tareija Fernandes; et vos damos mays todas las herdades et casas et arvores que nos avemos et nos perteesçen en Grolos sub signo de Santa Crus de Grolos por conpra que delas fesemos a Pedro Fernandes, fillo de Johan Peres; et vos damos mays todas las herdades et casas et arvores que nos avemos et nos perteesçen enno dito lugar de Grolos sub o dito signo de Santa Crus por compra que delas fesemos a Ruy Miguelles, morador en Vilar d’Aldar; et vos damos mays todas las herdades et casas et arvores que nos avemos et nos perteesçen en Vilalvite et sub signo de Santa Maria Madanela de Coeses por conpra que delas fesemos a Rodrigo Yanes, morador en Fonte Mayor, que nos delas feço vençon por sua muller, Maria Fernandes, filla de Maria Peres de Fonte Mayor et a Fernan Rodrigues, marido que foy da dita Maria Peres, et seu exsecutor; et vos damos mays todas las herdades que nos avemos et nos perteesçen enno dito couto de Sonnar asy iglesiario commo leygario, por compras que delas fesemos a Tareija Gonçalves de cas Broollo; et das quaes ditas herdades et casas et arvores que vos damos por las ditas devedas de que vos somos obligados, segundo dito he, vos poemos et apoderamos logo por esta presente carta et a vosa iglesia enno jur et posisson et propiedade delas, et tiramos ende a nos et a todas nosas voses para senpre, et se as des aqui adeante husarmos, ou pesuyrmos, ou esfroytarmos nos ou nosas voses ou outros por nos connosçemos et outorgamos que as husamos et pesoymos et esfroytamos por vos et por vosa iglesia et en voso nome precario; et obligamos todos los outros nosos beens, moviles et rayses, ecclesiasticos et seglares, de vos-las fasermos de pas a todo tempo. Outrosy connosçemos et outorgamos que os tres quartos do couto de Sant Pedro de Sonnar, que nos ora husamos et pesuymos por vos et en voso nomme et de vosa iglesia, que son vosos et da dita vosa iglesia entregamente segundo nos mostrastes por escripturas publicas et esta scripto ennos tombos da vosa iglesia et vosos, et renunçiamos et damos por ninguno todos los contratos et cartas et escripturas et sentenças se as nos teemos, ou outros alguuns en nosos nommes, por que algun dereyto ajamos ou podesemos aver por heranças, ou por compras, ou gaanças ennos ditos tres quartos do dito couto, et quaesquer sentenças que por nos et contra vos ou contra vosa iglesia fosen dadas en juyso que convosco sobre rason delas ouvemos por ante quaesquer oydores et justiças, mandamos et outorgamos se paresçeren en algun tempo por nos, ou por nosos herdeyros, ou por outro en noso nonme, ou seu, que non vallan nen façan fe nen seiamos sobre elo oydos en juyso nen fora del, et quanto des aqui endeante husarmos, ou pesuyrmos, ou esfroytarmos nos ou nosas voses, ou outros por nos connosçemos et outorgamos que as husamos et pesuymos et esfroytamos por vos et por vosa iglesia et en voso nome precario.

Et nos, o dito sennor obispo, asy reçebemos de vos, os ditos Pedro Fernandes et Eynes Lopes, as ditas herdades et casas et arvores et connosçemento dos ditos tres quartos do dito couto de Sonnar que nos dades et fasedes para nos et para a dita nosa iglesia, et damos-vos en noso nomme et dela por livres et quitos da dita deveda et a todos vosos beens para senpre. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos a Afonso Touron, notario publico de Lugo, que fesese ende esta carta.

Feyta en Lugo, quatro dias de setenbre, anno da naçença de noso Salvador Ihesu Christo de mill et tresentos et oyteenta et oyto annos.

Testemoyas que foron presentes: don Aras Peres, arçidiago de Deçon; Ruy Peres, clerigo de Masoe; Fernan Dias de Silvarey; Johan Fernandes, camareyro; Fernando de Castroverde; Pedro Fernandes et Estevoo Lourenço, moradores en Atan; et Afonso Rodrigues, clerigo natural de Calde; Lopo Lopes, fillo do dito Pedro Fernandes; Alvaro de Lourençaa, clerigo, et outros.

Et eu Afonso Touron, notario publico de Lugo por la actoridade do dito sennor obispo desse lugar, a todo esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente fuy et a rogo dos ditos Pedro Fernandes et Eynes Lopes, sua muller, esta carta en mina presençia fis scrivir et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.