GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

297
1349, marzo, 13
sentenza

Sentenza dada por Bartolomeu Pérez, mestrescola de Mondoñedo e vigairo do bispo, en favor dos capeláns de Santa Eufemia na súa demanda da oferta desa capela que lles fora ocupada.

ACOu, Escrituras XXII, 193

Sabean quantos esta carta de sentença viren que en presença de min Pero Lourenço notario publico d’Ourense pola igleia desse lugar e das testemoyas adeante escritas pareçeron en juizo ante don Bertolameu Peres mestrescola de Myndunedo coengo e vigario geeral do onrrado padre e señor don Alvaro pola graça de deus e da santa igleia de Roma bispo d’Ourense, Johan Affonso cappellan de Santa Oufemea por sy e en nome de Johan Domingues seu conpaneiro capelan da dita capela de Santa Oufemea, porlo qual deu poder en maneira que el aia por firme todo quanto o dito Johan Afonso por el e en seu nome feser en este pleito et esté e cunpra ao que for julgado. Et vindo o dito Johan Domingues a outorgalo en sua procuraçon sufiçiente que o dito fiador seia relevado, conven a saber o dito fiador Johan Sotil avogado que era presente e outorgante e obligou a dita fiadoria todos seus beens. O dito Johan Affonso por sy e en nome do dito Johan Domingues e da dita capela da una parte, et Diego Peres thesoureiro da igleia d’Ourense et Fernan Eanes clerigo do coro desse lugar e Garçia Alvarez recadador que se disia dos beens que perteeçian a obra de San Martiño e de Santa Oufemea, todos tres por sy da outra. Et logo o dito Johan Afonso por sy e en nomme da dita capela de Santa Ouffemea e do dito Johan Domngues diso e en juiso proposo contra os sobre ditos que commo a dita cappela e os capelaans dela que dela foron pelo tenpo seus anteçesores estevesse na posisson por tanto tenpo que a memoria dos ommees non era en contrario que qual quer dos capelans da dita capela de Santa Ouffemea que pelo tenpo foron quando acaeçer a dizer a minsa da prima no altar da dita capela de Santa Ouffemea que el tever o mellor pan que y veer que for offereçudo a mao beigada do clerigo que diser a dita missa, et o mellor diñeiro que y veer que for oferesçudo que non seia douro. Et commo o dito Johan Affonso era tiudo de diser a minsa no altar de Santa Ouffemea, domingo sete dias por andar deste mes de janeiro que ora passou da era de mill e tresentos e oyteenta e sete annos lle fosse ofereçuda huna regeifa triiga que estimou que valia triinta soldos desta moeda de nosso señor el rey don Affonsso, a qual regeifa diso que lle fora offereçuda por Tereiga Affonso moller d’Affonso de Feente alfaiate. Et a qual regeifa diso que Johane sobrino de Lourenço Eanes dito Cantelle clerigo do coro que era da igleia d’Ourense e Pero Eanes clerigo outrossy do dito coro e Tome sobrino do dito Fernando Anes que reçeberan a oferta en aquel dia que viinan ao dito altar de Santa Ouffemea e a igleia de San Martiño en seu prejudiçio e do dito Johan Domingues seu conpañeiro e da dita sua capela que tomaran a dita regeifa e a partiran entre sy et feseran dela o que quiseren et do que lles quedara lles desen a dita regeifa, que elles que o non quiseran faser et que el que chamara o dito Pero Anes clerigo e o dito Tome para ante este dito vigario. Et que lles pidia que lle desen e entregassen a dita regeifa, et que os ditos Pero Anes e Tome que se chamaran a outores e defendedores aos ditos thesoureiro e Fernan Anes en cuio nomme collian e recadavan a dita oferta, et que os ditos thesoureiro e Fernan Anes que se feseran outores do dito preito e tomaran en sy. Por ende o dito Johan Afonso por sy e en nomme do dito Johan Domingues seu conpañeiro e da dita sua capela pedio aos sobre ditos Diego Peres thesoureiro e Fernan Anes clerigo do coro e Garçia Alvarez que se disia teedor e reçebedor dos beens da obra de San Martiño e de Santa Ouffemea que lle dessen a oferta a dita regeifa que lles os ditos Pero Anes e Tome e Johane sobrino do dito Lourenço Anes Cantelle en nome da dita obra tomaron ou lle desse e entregasse a estimaçon sobre dita a que a estimara. Et pedio ao dito vigario que assy o mandasse por sentença, et foron estas partes tanto por preito adeante ata que os ditos Diego Peres thesoureiro e Fernan Anes e Garçia Alvarez diseron que elles achavan por homes vedrayos que a dita capela de Santa Ouffemea e os capellaans que dela foran pelo tenpo estavan en jur e en posse de levar o mellor pan que veesse a oferta ao altar de Santa Ouffemea e que fosse ofereçudo a mao beigada do capelan quando disesse a minsa no dito altar de Santa Ouffemea, et outrossi que estava en posse de levar o mellor diñeiro que lle fosse ofereçudo que non fosse douro. Et que elles daqui endeante sobresta rason que non querian mays contender con o dito Johan Afonso. Et logo o dito Johan Affonsso pedio ao dito vigario pois que os ditos tesoureiro e Fernan Anes e Garçia Alvarez confessavan que a dita capela de Santa Ouffemea e os capelaans que dela foran pelo tenpo estavan en jur e en possse de levar o dito pam e diñeiro sigundo que el desia en sua pitiçon, et desian que non queria con el mays contender sobresta rason que por sentença mandasse que a dita capela de Santa Oufemea e os capelaans que dela fossen pelo tenpo ouvessen o dito pan e diñeiro, et mandasse aos ditos thesoureiro e Fernan Anes e Garçia Alvarez que lle dessen e entregassen a dita regeiffa ou a estimaçon sobre dita a que a estimara, et lles mandassse por sentença que llela non enbargassen daqui endeante. Et logo o dito vigario, vista a demanda do dito Johan Afonso et vista a conffesson dos ditos thesoureiro e Fernando Anes e Garçia Alvarez, seendo en lugar de julgar mandou per sentença aos ditos tesoureiro e Fernan Anes e Garçia Alvarez que dessen e entregassen a dita regeifa ao dito Johan Afonso en nome de sy e do dito Johan Domingues seu conpañeiro e da dita sua capela de Santa Ouffemea ou lle dessen e entregassen a estimaçon sobre dita a que a estimara. Et outrossy lles mandou per sentença que lle non enbargassen o dito pan e diñeiro daqui endeante. Et a pedimento do dito Johan Afonso condenou os ditos thesoureiro e Fernan Anes e Garçia Alvarez nas custas dereitas. Dada foy esta sentença en Ourense, trese dias de março, era de mill e tresentos e oyteenta e sete annos. Testemoyas que presentes foron Françisco Peres e Johan Sotil avogados, Johan Fernandes notario d’Ourense, Lourenço Mercador escrivan et Martin Freira ome do dito vigario.

Et eu Pero Lourenço notario sobre dito que a esto presente foy e esta sen[ten]ça en myna presença fez escrivyr e meu nome e signal aqui puge que he tal.

(sinal)

Taxada en quinse mor.

Reçebi de Joan Fonso pola meatade do proçesso que se fez sobre esta sentença çinco mor.

[reverso] Sentença que foy dada sobre la regueifa dos capelans de Santa Oufemia das ofertas da missa (...)