GMH/ÍNDICE A-Z

442
1388, maio, 21
foro

O cabido afóralle a dúas voces a Gonzalo Rodríguez de Soutelo, escudeiro, os casares e bens da renda do mestre Xoán de Solbeira por 200 mrs.

(No reverso figura un anotamento do 9 de febreiro de 1438).

ACOu, Escrituras V, 29

Sabean quantos esta carta viren commo nos o cabidoo da igleia d’Ourense seendo juntados en nosso cabidoo por canpaan tanjuda segundo que avemos de husso e de custume de nos ajuntar a faser cabidoo, con consintimento de Diago Fernandes coengo enna dita igleia d’Ourense, vigario do dean ennos contrautos do cabidoo que he presente e outorgante, damos e outorgamos, afforamos a vos Gonçalvo Rodrigues de Soutelo escudeiro e vosa moller Sancha Nunes que non he presente et a duas voses apus vosa morte, quaes o pustrimeyro de vos nomear en sua vida ou a tenpo de seu finamento, et se as non nomearedes que seian voses os que os outros vosos beens herdaren de dereito, et assy vaan as ditas voses, huna pus outra suçesive, todos los casares e viñas e herdamentos et foros e dereitos e dereyturas et outras cousas quaes quer que perteençen et perteençer deven de dereito en qual quer maneira aa renda de meestre Johan de Sorveyra, segundo que sol andar en renda et segundo que a de nos tevo arrendada Gonçalvo Martines coengo enna dita igleia d’Ourense. Damos vos a foro os ditos casares e viñas e herdamentos e cousas sobre ditas segundo que as de nos tevo arrendadas o dito Gonçalvo Martines, a montes et a fontes con entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteenças, por tal condiçon que vos e as ditas vosas voses que lavredes e paredes ben ou façades lavrar e parar ben os ditos casares e lugares e herdamentos e viñas en tal maneira commo non desffalescan por mingua de lavor et de boon paramento. Et outrosy que deffendades os lavradores que moran ennos ditos casares en tal maneira commo se non desproven os ditos lugares. Et dedes ende a nos o dito cabidoo cada anno en salvo en esta çidade d’Ourense dusentos mor. de diñeiros brancos de oyto en soldo cada mor. et pagaredelos cada anno aos terços do anno segundo custume do cabidoo, pero he posto que nos pagedes deste primeiro anno en que estamos os ditos dusentos e por dia de Natal primeiro que ven que sera enno anno de mill e tresenteos et oyteenta et oyto annos, et dende endeante que nos pagedes a dita renda de cada anno aos terços do anno segundo sobre dito he, non enbargante grando nen geada nen outro caso furtuyto algun. Outrosy he posto que se vos ou vosas voses quiserdes vender, deytar ou subpinorar os ditos casares e viñas e herdamentos e cousas sobre ditas ou parte dellas, ou por vosas almas dar ou mandar, que primeiramente frontedes a nos o dito cabidoo et nos los dedes por lo justo preço que vos outro por elles der, et non nos querendo nos por esse preço reçeber enton os vendede, deytade ou subpenorade ou obrigade ou mandade ou dade por vosas almas aa tal pessona que seia semelavill de vos que seia teiudo a lavrar et parar ben os ditos casares e viñas e cousas sobre ditas et pagar e faser e conprir e agardar todas las cousas e condiçoens que en esta carta son contiudas e cada huna delas. Et outrosy he posto que se contenda recleçer entre nos o dito cabidoo e vos o dito Gonçalvo Rodrigues et vosa moller ou vosas voses sobre rason dos ditos lugares e viñas e cousas sobre ditas ou sobre parte dellas que se termii por dous omes boons de nos o dito cabidoo tomados a praser das partes, toda outra apelaçon remota. Et nos o dito cabidoo obrigamos os beens da nossa mesa para anparar e deffender vos o dito Gonçalvo Rodrigues e vosa moller e vosas voses a dereito con esto que vos afforamos segundo sobre dito he. Et eu o dito Gonçalvo Rodrigues que soon presente por min e por la dita miña moller que non he presente e por las ditas voses assy o outorgo e reçebo en min os ditos casares e herdamentos e viñas e cousas sobre ditas afforadas pela maneira e condiçoens que ditas son, et obrigo todos meus beens e da dita miña moller gaañados e por gaañar para manteer os ditos lugares e viñas e cousas sobre ditas e para os reparar et lavrar ou faser lavrar et parar ben e pagar os ditos dusentos moravedis de lo[n]gos cada anno segundo sobre dito he, et para faser e conprir et agardar todas las cousas e condiçoens que en esta carta son contiudas e cada huna delas. Et demays para o assy teer e conprir e agardar douvos aynda a vos conmigo fiadores et devedores e prinçipaes pagado[re]s, conben a saber Vaasco Martines et Gonçalvo Oureyro notarios d’Ourense, os quaes fiadores son presentes e outorgantes et obrigaron todos seus beens gaañados e por gaañar aa dita fiadoria. Et nos os ditos Vaasco Martines e Gonçalvo Oureiro que soomos presentes aa dita fiadoria aasy o outorgamos. Et desto en commo pasou as ditas partes rogaron e mandaron a min Affonso Peres chantre e chançeller da dita igleia d’Ourense que fesese ende duas cartas en hun tenor et dese a cada huna das ditas a sua. Feita a carta enno dito cabidoo, viinte e hun dias do mes de mayo do anno do naçemento de nosso señor Jhesu Cristo de mill e tresentos et oyteenta e oyto annos. Tests. Estevoo Lamela e Fernando de Santiago raçoeiros enna dita igleia e Pero Afonso porteiro do dito cabidoo e outros.

Et eu Affonso Peres chantre e chançeller da dita egleia e çibdat d’Ourense e notario publico por la auctoridat apostolica ao que dito he con as ditas tests. presente fuy e ende esta publica carta para o dito Gonçalvo Rodriguez, ocupado de outros negoçios, escrivir fige por outro e signeya de meu signo rogado e requerido en testimonio de verdat.

(sinal)

[reverso] Anno domini mº ccccº xxxviiiº, ix de febreiro Sancha (Garçia) de Soutelo por si e Joan de Deça procurador con consentemento dos señores e outros conprometeron en maos de Afonso de Palmoy e de Joan d’Espinosa por (...) Sanches sopena de çen froliis, termio fasta Pascoa. Tests. Afonso Enrriques, Gonçalvo Rodrigues omme de Joan (Abreu).