GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro do Concello de Santiago

184

1422, maio, 22.
O Concello acorda que se recade a renda e tercia para paga-lo pedido do Rei e as outras débedas que houbera, e que a cantidade se repartise entre os veciños, segundo o padrón. Opuxéronse os vigairos.

Viinte e dous dias do mes de mayo, seendo o Conçello, alcallde, regidores, jurados e homes bõos da çidade de Santiago juntados por crida de anafil segundo que han de custume enno sobrado da notaria do dito Ruy Martines, notario, presentes ende Juan Fernandes Abril, alcalle e Fernando Gonçales do Preguntoiro e Martin Serpe, Alonso Fernandes Abril e Juan Ares da Canna, Martin Galos, jurados e regidores da dita çidade e en presença de min o dito notario e dos testemoyas adeante scriptos, enton os sobreditos mandaron que se recabdasen renda e terça para se pagare o pedido del rey e as outras devedas que o dito conçello devya e mandaron que os alcalles da dita çidade fezesen exsecuçon ennos vesiños da dita çidade por los maravedis que montase a dita renda e terça e se collese por los infintos que estavan feitos; e os vigarios das confrarias dos alfayates e çapateiros e correiros San Savaschaao e carniçeiros e dos ferreiros e peliteiros diseron que por sy e por los outros confrades das outras confrarias da dita çidade que non consentian que se collesen a dita terça e renda e que apelavan do dito mandamento feito por lo dito alcallde e regidores. Testemoyas: Vasco Gomes de Marçoa e Juan Ares Chantreiro, Bernaldo Yanes do Camino, Juan Fernandes da Cana, Martin Rodriges e Garçia Gonçales Porra e Fernando Fresquo (...) veziños da dita çidade.
Predito. Juan Fernandes Abril, alcallde tomou juramento sobre signal de crus de Fernando Juliate que ben e verdaderamente usase do ofiçio de mayordomadgo da dita çidade que lle agora era dado e el asi o jurou e prometeu. Testemoyas os sobreditos.