GMH/ÍNDICE A-Z

G-G1
1488, xullo, 6 (Vilaza)
Xoán de Deza, arcediago de Búbal, provisor episcopal e abade do mosteiro de San Salvador de Vilaza, afora a cinco voces a Fernando de Mandín, morador en San Pedro de Queizás, unha leira de herdade sita nesta freguesía, pertencente ao dito mosteiro, por renda anual de tres tegas de trigo. (fols. 1-2)

Fernando de Mandyn.

(...)n quantos esta carta de foro vyren como eu don Johan de Deça arçediano de Bubal enna iglesia d’Ourense e abbade do mosteiro e abbadia secular de San Salvador de Vylaça e provisor enna dita iglesia e obispado d’Ourense enno spiritual e tenporal porlo muy reverendo in Cristo padre e señor don Antonioto Gentyl porla miseraçion dyvina obispo do dito obispado d’Ourense e datario del nostro muy santo padre, dou e aforo a vos Fernando de Mandyn, morador enna fleygresia de San Pero de Queyças, que estades presente e a çinqo voses despoys de voso pasamento e a primeyra vos ha de nomear a segunda e a segunda a terçeira e asy han de yr as ditas vosas voses nomeadas huna de pus de outra per orden sucessive e non seendo nomeadas que seja vos aquel ou aquela que de dereito herdar os outros vosos beens, conben a saber que vos aforo huna leira de herdade que jas enna fleygresia de San Pero de Queyças adonde chaman a Caynça que he do dito mosteiro de Vylaça, a qual dita herdade mandou ao dito mosteiro de Vylaça Afonso Garçia padre de Rodrigo d’Espyño por sua sepultura e sera a dita herdade pouco mays ou menos huna geyra de herdade e parte da huna das partes con herdade do casal de Alvaro das Seyjas e da outra parte parte con herdade de Alvaro Fernandes e entesta en herdade de Pero Garçia e en fondo fere enno rio da Tamara, a qual dita leira de herdade vos aforo segundo arriba se conten e esta demarcada, con todas suas entradas e saydas, jures, dereitos e pertenças, a montes e a fontes por donde quer que os aja e deba aver de dereito, por condyçion que labre-des e reparedes a dita (leyra)* de herdade en tal maneira que non desfalesca por mingoa de bon reparo e de labor e pagaredes de foro e renda, sysa en cada un anno vos e vosas voses a min e aos abbades que despoys de min /foren\ do dito mosteiro de San Salvador de Vylaça, tres teegas de bon trigo, lynpo e (fol. 1)
seco de poo e de palla en todo o mes de agosto ou de setenbro por medida dereita de Monterrey non estante grando nin geada nin outro caso fortuyto do çeo nin da terra, e do al aberedes a dita leira de herdade de dysymo a deus libre e quite de todo outro tributo, çenso e cargo algun e seeredes vos e as ditas vosas voses serbentes e obedientes a min e a meus suçesores abades que foren do dito mosteiro de Vylaça, e daredes de comer e de beber comunalmente ao que for porlo dito foro e non faredes manda nin aniversario porla dita (leira)* de herdade nin parte dela a outra iglesia, mosteiro nin santuario algun salvo ao dito mosteiro de San Salvador de Vylaça nin faredes porla dita leira foro nin sobreforo a outra persona alguna, e se vos ou as ditas vosas voses ouberdes de vender, deytar ou sopynorar, enallear, concanbear, dar ou traspasar a dita leira de herdade que primeyramente frontedes con ela a min ou aos abades que porlo tenpo foren meus suçesores e nos la dedes porlo justo preçio que outro por ela vos der e non ha querendo nos porlo preçio reçeber, que entonçe a vendades a tal persona que seja semellable de vos que a labre e repare e pague o dito foro /en cada un anno\ e cunpra todas las condyçions desta carta e cada huna delas, e que vos nin vosas voses non posa-des partyr nin debydyr a dita leira de herdade, salvo que senpre andara en huna persona e vos, e que asy mismo vos nin vosas voses que non posades vender nin enpenar a dita leira de herdade (fol. 1v)
por alcabala nin debeda del rey nin de outro señor poderoso, e conpriredes e gardaredes vos e as ditas vosas voses todas las condyçions desta carta e cada huna delas e non nas conprindo e agardando que percades o dito foro e descayades del e que eu e meus suçesores ha posamos aforar e dar libremente a quen quiseremos e por ben teberemos; e eu o dito Fernando de Mandyn que estou presente, por min e porlas ditas miñas voses asy outorgo e reçebo de vos o dito señor arçediano, provisor e abbade a dita leira de herdade en foro e obligo meus beens e das ditas miñas voses de labrar e reparar a dita leira de herdade e de pagar o dito foro en cada un anno e de conprir e agardar todas las condyçions desta carta e cada huna delas, e non nas conprindo e agardando que perca o dito foro e descaya del como dito he. Et eu o dito /don\ Joan de Deça arçediano, provysor e abbade obligo os beens do dito meu mosteiro de vos defender a dereito con o dito foro. Que foy feyto e outorgado este dito foro enna aldea e logar de Vylaça, da dioçese d’Ourense, a seys dias do mes de jullio do anno do nasçemento do noso señor Ihesu Cristo de mill e quatroçentos e oytenta e oyto annos, presentes a elo por tests. Garçia Mendes clerigo de San Joan de Trasmiras e Vasco Fernandes d’Ourense e Vasco Rodrigues moradores en Vylaça e Roy Martis morador en Alvarellos e outros. (fol. 2)