GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1160
1464, xuño, 14. Lugo

O vigairo lucense e o Cabido afóranlles ó cóengo Gómez Vázquez e a dúas voces unha cortiña na freguesía de Santiago de Lugo por renda anual de doce marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 28 r.

Sabean quantos esta carta de foro viren como nos o vicario do dean et as personas canonigos et benefiçiados da yglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo per son de canpaa tangida açerca da porta dos horgoos da dita yglesia, segundo que avemos que (sic) uso et de costume, aqueles que quiseron et poderon seer presentes, veendo et entendendo que este he noso proveyto et da dita yglesia et de nosos subçesores, damos aforo et avervo et aforamos a vos Gomes Vasques de Paramo, canonigo da dita yglesia, et a outras duas personas despoys de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a o tempo de voso finamento, et non seendo nomeada que seia quen herdar vosos bees, et a outra que seia nomeada per aquela que vos nomeardes ou herdeyra de seus beens. Conven a saber que vos aforamos, como dito he, a nosa cortina que esta en esta çibdade junto con a horta das casas de don Afonso de Castro, et da outra parte das barreyras do castelo como ben do muro da çerca fasta o camino que ben per cabo da casa da feyra, que he syta sub o signo da Capela de Santiago, et he da nosa amistraçon de Sayoane de Pena, a qual vos agora colledes et levades, a tal pleyto et condiçon que vos et as ditas personas labredes et çarredes ben a dita cortyna en maneyra que se non perga con mingoa de laborio et boo paramento; et dedes de foro et pension et çenso, en cada hun ano, a nos et a nosos susçesores et a o amistrador da dita amistraçon dose maravedis de moeda vella de longos, en a moeda que pagaren as outras rentas do dito cabidoo, por dia de Sant Martyno de novembre, postos en pas et en salvo en esta çibdade; et que a finamento da postremeyra persona que a dita cortina fique libre et desenbargada a o dito cabidoo con todos los boos paramentos que en ela foren feytos, et que eso meesmo cada huna das ditas personas seia tyuda et obligada do dia que en o dito foro subçeder fasta triinta dias primeyros seguentes de viir notificar et mostrar a o dito cabidoo como he persona do dito foro, sub pena de o perder por ese meesmo feyto.

Et eu, o dito Gomes Vasques, por min et por las ditas personas asy reçebo de vos, os ditos senores do dito cabidoo, o dito foro et obligo a min et a meus bees et das ditas personas, mobles et rayses, avidos et por aver, de o teermos, comprirmos et atendermos et pagarmos todo asy.

Et nos, o dito cabidoo, asy vos lo outorgamos, et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo faser duas cartas de foro anbas en hun thenor per lo notario juso escripto huna para vos, o dito Gomes Vasques, et vosas personas con noso seello pendente, et a outra para o dito cabidoo.

Que foy feyta et outorgada en a dita çibdade de Lugo en a dita yglesia et lugar, a quatorse dias do mes de junyo, ano do nasçemiento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta et quatro anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgantes: Afonso Martines de Galdo, chantre; et Gonçalvo Rodrigues de Heemill, arçediano de Triacastela; et Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; et Diego Ferrnandes de Luases, et Diego Vasques, Lopo Garcia, Rodrigo Afonso das Camoyras, vigario por Juan Garçia, dean, et Juan Ares de Parrega, canonigos.

Et eu Pedro Meendes de Foriis, canonigo da iglesia notario publico por las abtoridades apostolical et ordenaria, a todo o susodito en hun con os ditos testigos presente foy et esta carta de foro aqui a outro fis escripvir et en ela puje meu signo et nome acostumado que tal he en testemoyo de verdade rogado et requerido.