GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1221
1472, xullo, 15. Lugo
O vigairo lucense afóralles a Álvaro Díaz e a unha voz tres casais en Santa María de Bóveda por renda anual de tres cargas de pan e outras obrigacións.

MADRID, AHN, Carp. 1333 C/10, perg. orix., galego, cortesá, 225 x 205 mm.

Sabean quantos este publico instromento de foro viren como eu Juan Afonso, chantre, provisor de meu senor don Garçia de Vaamonde, Obispo de Lugo, et por poder que teno et ajo de sua merçede para todo o ajuso contiudo, o qual ajo presentado por lo notario de juso escripto, et veendo et entendendo en como he vos Alvaro Dias de Bobeda soodes foreiro do dito meu senor Obispo et de sua iglesia, et teedes en foro del los casares chamados do Paçio et da Iglesia et da Cosina, que jazen en a aldea de Bobeda et su o signo de Santa Maria de Bobeda, dos quaes jazen moyta parte das herdades dela en hermo et en canpo et as casas derrocadas en tal maneyra que non he prol nin probeyto do dito meu senor Obispo nin de sua iglesia et mesa obispal, et por vertude do dito poder que de sua merçed teno et ajo, segund dito he, vos aforo et dou en foro a vos, o dito Alvaro Dias, os ditos tres casares suso nomeados et a outra persona despoys de vos qual vos nomeardes en vosa vida ou a o tenpo de voso finamento, et non seendo asi nomeada que seia aquela persona que vosos bees herdasen de dereito ou a mayor parte deles. Os quaes ditos casares vos asi aforo, segun dito he, a tal pleyto et condiçion que vos saquedes et façades sacar as ditas herdades dos ditos casares et de cada hun deles de hermo et de canpo donde quer ajougeren, et corregades et fagades correger as casas et paçios dos ditos lugares d’oje fasta tres anos conpridos sub pena de perder o dito foro; et dedes et paguedes et avedes de dar et pagar, en cada hun ano, de foro por razon de todo tres cargas de pan boo linpas de poo et de palla et medidas por medida direyta, et postos en pas et en salvo en os ditos lugares desde dia de Santa Maria d’agosto fasta Santa Maria de setenbre, sub pena que por lo asi non paguardes por dous anos pergades o dito foro, et a fin da dita persona que os leyxedes vos et ela libres et quitos et desenbargados a o dito senor Obispo et sua iglesia et a seus suçesores, que despoys del en ela vyesen, con todos los boos paramentos que en eles foren et esteberen feytos.

Et eu, o dito Alvaro Dias, asi reçebo de vos o dito foro et obligo a min et a todos meus vees et da dita persona de o teeremos et gardaremos et atenderemos et pagaremos todo et en por todo segun en a maneira que dita he [...] maneyras et condiçiones et clausulas suso nomeadas.

Et eu, o dito provisor, asi vos lo outorgo por vertude do dito poder que asi teno et ajo, segun dito he, et sobre todo elo vos outorgo un contrabto de foro forte et firme con consello de leterados.

Que foy feyto en a çiudade de Lugo, a quinse dias do mes de julio, do ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et setenta et dous anos.

Testigos que foron presentes: Diego Gomes de Fonteyta, canonigo da iglesia de Lugo; et Juan de Gaybol, procurador da dita çiudade; et Jacome, clerigo, criado do dito provisor, et outros.

Eu Juan Lopes de San Martino, escrivano de la Camara del Rey nuestro senor et seu notario publico en a sua Corte et en todos los seus reynos et senorios, et notario publico da çidade et obispado de Lugo por la abtoridade do dito senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he en un con os ditos testigos presente foy esta carta de foro, segun por min ha outorgou o dito provisor, por outro en mina presençia a fis escribir et puje aqui meu sino et nome que tal he.

Presentado ante mi senor don Alonso Enrriques, Obispo de Lugo, a quinze dias de enero de setenta et ocho anos.