GMH/ÍNDICE A-Z

23

s/d

Gómez Anes, reitor da igrexa de San Xillao de Ribela, nas dúas terceiras partes perte∫ncentes á dita igrexa, e Álvaro Fernández, cóengo da Catedral e prestameiro do outro terzo, aforan a perpetuidade a Gonzalo Anes e á súa muller Aldonza González, moradores en Ribela, a metade da leira do Conchouso, por quinta do viño e composta. (fols. 6v-7)

Carta de Gonçalvo Yanes de Ribela, pagadas IIII brancas.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como nos, Gomes Yanes, clerigo reytor da igleia de San Gillaao de Ribella ennas duas terças que soon reytor da dita igleia, et eu Alvaro Fernandes clerigo reytor coengo enna igleia d’Ourense e prestameiro da terça parte da dita igleia, con liçençia et autoridade de Joan Afonso de To (fol. 6v)
lledo, canonigo enna dita igleia e vigario enno arçidiano de Bubal por don Joan Martines, arçediano do dito arçedianadego, que me da liçençia para esto que se sige, damos et outorgamos, aforamos Gonçalvo Yanes que sondes presente et a vosa moller Aldonça Gonçalves que non he presente, moradores enna dita freigesia de Ribella, et a todas vosas voses para senpre, con[ben] a saber que vos aforamos a meatade da leira do Conchouso, segundo que a tragedes a jur et a maao et parte con voso padre, por tal condiçon que a labredes et paredes ben e que a ontre chantedes por onde lle faser mester et façades dela foro de quinta vosas e vosas voses a nos et a nosas voses a min o di e aos reytores que porlo tenpo foren da dita igleia os dous terços et ao que tever o dito prestamo hun terço, de todo o viño et conposta que deus en ela der, a qual novidade colleredes por noso mayordomo, ao qual proveeredes de comer et de beber, et daredes a conposta enna viña e o viño enno lagar etç. e do al de disemo a deus etç. e se quiserdes vender etç. e non faredes manda etç. e obrigamos os beens da dita igleia e do dito prestamo etç. Et eu, o dito Gonçalvo Yanes, obrigo meus beens etç. Penna tresentos mes. etç. Et eu o dito Joan Afonso
(- - -)
etç. Tests. Diego criado do dito Alvaro Fernandes et Afonso Fernandes de Ventrases et Joan Yanes de Canbeo. (fol. 7)