GMH/ÍNDICE A-Z

A40
1380( ? )
García Pérez, escudeiro de Ribela, subafora a unha voz a Antón Pérez unha leira, por terza de viño e composta, con condición de poñer viña no primeiro ano e cerrala deixándolle a el un castiñeiro que alí hai. (fol. 30-30v)
Em este dia e era sobre dita. Sabeam quantos esta carta viren que eu Garçia Peres, escudeiro morador em Ribella, enno lugar (a) que chaman a See, dou e outorgo a foro a vos Anton Peres, mo(rador) enno lugar de Ribella no lugar hun caman outro e a vossa moller e a huna vos apus vosa morte, a miña leyra que jas em Forno Telleiro, a que chaman a leyra do Fogoto /que eu teño aforada da (...)\ por tal condiçon que vos o dito Anton Peres que a fondedes e que a façades de vyña em (estes)* este anno o primeiro que vem /e que a mantenades de vyna\ e que dedes della a min e a miña vos a terça parte do vyño e da conposta que deus em ella der, a conposta enna vyña e o vyño no lagar, o qual vyño e con-posta colleredes por (min* ou por meu omen, o qual (colle)* proveredes de comer e de beber em em quanto collerdes o dito (vyño)* novidade. Outrosy he posto que a tapede(s) toda sobre sy, pero que me fique a min o castyñeiro que y esta, e outrossy que o camiño que vay por fondo que (...)que em salvo e o castyñeiro, e do al averedes livre e quite (...) todo outro embargo, et ob(r)ygo todos meus beens (...) anparar a dereyto. Et eu o dito Anton Peres (...) min e por a dita miña moller que non he pre(...) voz assy o reçebo e vos o dito (...) a maneira e con(...) (fol. 30)
primeiramente frontedes a min o dito Garçia Peres ou a miña voz que nos la dedes por o justo preço que outro por ella der, e non a querendo nos enton vendede e deytade e supenorade a tal pesoa que seia vossa semeldue que lavre e pare bem, conpra e agarde as condiçoens desta carta e cada huna dellas. Outrossy he posto que a parte de nos que contra esto pasar e o non conprir e agardar que peyte autra parte que o conprir e agardar por penna CC mrs. de brancos e a vos del rey outros tantos, e a penna pagada ou non esta carta fique firme e val em seu tenpo. Feyta a carta (- - -)
Tests. Joan do Chaan e Joan Vaqeyro e Joan Caao e Joan Calabrim e Fernando Gonçalves e Joan Vidal, omees de Garçia Peres e outros.