GMH/ÍNDICE A-Z

1168
1466, febreiro, 13. San Paio

Dona Maior de Baamonde dóalle á súa filla, dona Tareixa, as herdades de Prado coas súas rendas.

MADRID, AHN, Carp. 1333 B/22, perg. orix., galego, cortesá, 310 x 200 mm.

Sabean todos quantos esta carta de donaçion viren como eu dona Mayor de Vaamonde, moller que foy de Fernan Diaz de Riba de Neyra defunto, a que Deus perdone, de mina propia et libre voontade non coostregida per força, nen enduzida por engano por fazer amor et graçia et boa obra et remuneraçion dos serviços pasados outorgo et conosco que faço donaçion perpetua para senpre jamays entre vivos non revocble, por jur de herdade a vos dona Tareija, mina filla, et do dito Fernan Diaz et a vosas vozes et herdeyros et subçesores. Conven a a saber que vos dou asy en a dita donaçion todas las herdades de Prado et rendas delas con todos seus terminos et jurdiçoes et senorios que eu ende ey et avia et a min perteesçian en qualquer maneyra et por qualquer razon con todas suas perteesças et dereyturas, que me ende perteesçian et perteesçen et perteesçer deven, das quaes ditas herdades de que eu asy faço a dita donaçion vos las avedes de tomar et resçeber a Deus et a vosa ventura, et sacarlas de alguuns ocupadores se las ocupan para vos et para vosos herdeyros et subçesores por jur de herdade para senpre jamays, et quito et parto de min todo senorio, dereito, jur, posesion et propiedade que me perteesca, ou posa perteesçer, ou aja perteesçido en o dito lugar de Prado de fondo et en qualquer parte deles, et por esta presente carta lo paso et traspaso todo en vos, os ditos dona Tareia et Vaasco das Seyxas, voso marido, et en vosos herdeyros por la tradiçion desta presente carta, pura et libremente et para que as ajades et tenades para agora et para senpre jamays, et para que vos et vosos herdeyros et soçebsores façades delas et en elas et de parte delas et en elo et en cada cousa et parte delo todo o que a vos et a eles aprouver, et as posades vender et enpenar et promutar et destraer et pasar en outra persona por qualquer titulo asy de ultima voontade como entre vivos por la tradiçion desta carta que en mao et poder de vos, a dita dona Tereija, et Vaasco das Seyxas dou et paso o senorio das sobreditas herdades con todos seus peytos et dereytos et rendas et con todas suas perteesças, et dou poder espreso a vos los sobreditos para que posades por vosa abtoridade entrar os ditos beens et cada huuns deles et tomar et continuar la posesion de todo elo et de qualquer cousa et parte delo, segund dito he de suso. Et prometo et outorgo por min et por todos meus herdeyros et suçessores de non yr nin viinir contra a dita donaçion en todo, nen en parte delo, nen por outra cousa alguna, nen por engratidue en qualquer maneyra que por vos seja cometida. Et por esta presente carta de donaçion confeso et outorgo que vos faço a dita donaçion, segundo dito he, en remuneraçion de moyto serviço que me avedes feyto et por lo devido que convosvo avia et aio. Et para lo mellor teer conplir et agardar et non vinir nen pasar contra elo, nen contra parte delo renunçio et parto de min todos et quaesquer foros et dereytos canonicos et çeviis, moniçipaes et inperiales et estatutos et constituiçoes et usos et custumes que contra o que dito he, ou contra parte delo, podese por min ou por outros dezer et alegar, ou meus herdeyros, ou qualquer deles en qualquer maneyra et por qualquer razon et en espiçial qualquer ley que diga que por causa de ingratidue se pode renunçiar a donaçion, ou porque diga que he inofiçiosa ou inmensa ou nasçer despoys da dita donaçion fillos legitimos a o donador, et eso meesmo seendo çertificado da ley que diz que la donaçion que deve seer insynuada ante o juiz, eu renunçio a dita ley, et eso meesmo renunçio a ley que dize que a donaçion que pasa de quinentos floriins que deve seer insynuada ante o juiz do lugar; et eso meesmo renunçio a ley que dize que posturas que fazen as partes contra leys que non vallan. As quaes sobreditas leys seendo eu delas et de qualquer delas ben çertificada las renunçio et parto de min et de meus herdeyros et subçesores. Et renunçio as leys dos enperadores Justiniano et Verillano que falan en ajuda et favor das molleres, et eso meesmo renunçio a ley que diz que as leys non poden seer renunçiadas, as quaes ditas leys eu expresamente renunçio, et se por via de renunçiaçion non se poder fazer prometo por pacto expreso de o non alegar, nen contradezer, nen yr, nin pasar contra a dita donaçion, que de mina propria et libre voontade faço, nen la revocar, nen meus suçebsores so pena de quinentas dobras de boo ouro et de justo peso do cuno de noso senor el Rey don Enrrique que quero que pague eu, ou qualquer de meus herdeyros et soçebsores, se contra elo eu, ou eles foremos ou pasaremos en qualquer maneyra, et mays que ajan a mina maldiçon et a de Deus, et todavia valla esta dita donaçon. Et dou poder et pido et rogo a qualquer juiz o justiçias de toda a Corte de noso senor el Rey et de todas las çibdades et villa et lugares et terras llanas dos seus reynos et senorios que vos anparen et defendan a vos, a dita dona Tareyija, et Vaasco das Seyxas et vosos herdeyros et suçebsores con esta dita donaçion et con os ditos beens et os ponan et apoderen en a posison abtual, corporal et real de todo lo sobredito contiudo en a dita donacion. Et porque seia çerto et non vena en dulta outroguey esta carta de donaçion ante o notario et testigos de juso escriptos.

Que foy feyta et outorgada dentro en os paaços de Sant Payo, a treze dias do mes de fevereyro, ano de mill et quatroçentos et sesenta et seys anos.

Testemoyas que foron presentes: Gonçalvo Yanes de Pingara; et Roy Gomes, et Martin Jato, et Afonso de Pereira, et Pedro do [...].

Et eu Rodrigo Afonso d’Adae, escripvano de noso senor el Rey et seu notario publico en a sua Corte et en todos los seus regnos et senorios, esta carta fis escripvir en mina presença con os ditos testemoyas et puje aqui meu nome et signo en testemoyo de verdade et valla que tal he (signo).

Rodrigo Afonso, notario.