GMH/ÍNDICE A-Z

355
1362, febreiro, 12
carta de empeño

Carta de empeño que outorga Roi Sabadelle, escudeiro de Aguiar, ao seu tío Lopo Rodríguez de Sabadelle, sobre a herdade que este, a súa nai (Elvira Ares) e a súa irmá Aldonza Rodríguez teñen na Pousa de Calvelle, de foro de terza, por 120 mrs. que lle emprestara.

ACOu, Escrituras X, 31

Sabeam quantos esta carta viren que eu Roy Sabadelle, fillo de Roy Sabadelle escudeiro d’Aguiar, deyto a peñor a vos Loppo Rodrigues de Sabadelle meu tio que sodes presente, todo o meu quiñon e o quiñon de Elvyra Ares miña madre et o quiñon de Aldonça Rodrigues miña yrmaa, que nos avemos enna poussa de Calvelle que nos avemos enna freguisia de Sam Miguell de Calvelle, asy que vos e outro por vos e en vosso nome aiades todo aquel nosso quiñon do foro e dereitura que y ouver do pam por que se a de fazer foro de terça, por tal condiçon que vos que aiades o dito foro e dereitura por tanto tenpo ata que vos seiades entrego e pagado de çento e viinte mor. de diñeiros brancos desta moeda que ora corre de dez diñeiros cada mor., de que me outorgo por ben pagado en presença do notario e testemuyas adeante scritas, e renunçio aa exçepçon de nunumerata pecunia. Et que seia descontada desta deveda aquelle foro de pan e dereitura a commo valuer o pan enno mes dagosto, pero que seiades entrego e pagado en esta novydade que ora á de viir en todo o mes dagosto primeiro que verrá pelo dito foro e dereitura de viinte e seys mor. Et se por ventura vos o dito Loppo Rodrigues meterdes lavrador que lavre as ditas herdades e more as cassas del, que se saia con todo o seu sem meu enbargo e doutro ninhuun. Et para vos seerdes anparado e deffeso a dereito con o dito foro e dereitura obrigovos todos meus beens gaañados e por gaañar. Et eu o dito Loppo Rodrigues asy reçebo de vos o dito Roy Sabadelle por vos e pola dita Elvyra Ares vosa madre e por nome da dita Aldonça Rodrigues vossa yrmaa o dito voso quiñon do foro e dereitura que me asy dades. Et he posto que qual quer de nos que contra esto veer peyte aa outra parte por penna o preço dobrado e aa voz del rey outro tanto e a penna pagada ou non que esta carta fique firme e valla commo dito he. Esto foy en Ourense, xviº dias do mes de fevreiro, era de mill e quatroçentos annos. Testemuyas que a esto presentes foron Aras Peres d’Aguiar escudeiro de Johan Peres de Novoa, Gonçalvo Rodrigues e Gonçalvo Fernandes homes do dito Lopo Rodrigues e Martin Rodrigues scrivan.

Et eu Viçente Suarez notario publico d’Ourense que a esto presente foy e o escrivy e meu sinal aqui fige que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta de Calvelle.