GMH/ÍNDICE A-Z

614
1356, agosto, 13. Lugo
O Cabido de Lugo dóalle ao cóengo Rui Gómez unha casa en Barrio Falcón e recibe a cambio diversas propiedades.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 106v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos, o cabidoo da iglesia de Lugo, con outorgamento de don Lopo Domingues, thesoreyro, et de Iohan Ferrnandes, coengo, vigarios geeraas de don Diego Ferrnandes, dayam da dita iglesia de Lugo, estando iuntados en cabidoo enno coro da dita iglesia con outorgamento dos coengos de aniversario, fazemos tal escambea convosco Ruy Gomes, coengo, que seia valedeyra para senpre, conven a saber que vos damos para senpre por iur de vosa herdades a casa dos aniversarios que esta en Barro Falcon, en que soya morar Johan Peres, criado do juys, don Pedro Jacome; a qual casa de nos tinna aforada Fernan Peres, notario, yrmao do dito Johan Peres; a qual esta sub signo da cappella de San Pedro, et esta juntada cabo d’outra vosa casa que foy do dito Fernando Peres; et esta casa sobredita vos damos por iur de herdade segundo dito he con todas suas dereyturas et pertenenças entrada et seydas et iures et agoas vertes, que façades dela et en ella toda vosa voontade asy commo de voso propio.

Et eu, o dito Ruy Gomes, asy a reçebo et dou logo en escambea por esta dita casa a vos o dito cabidoo para os ditos aniversarios para senpre por iur de herdade, dous leyros de herdade que comprey a Vaasco Touron, et toda a herdade que conprey de Pedro Freyre et de Tareyia Rodrigues, sua muller, con os quinoes das casas de San Jullao, que perteesçen a a dita herdade, para os ditos aniversarios.

Et nos, o dito cabidoo, et Ruy Gomes asy outorgamos as ditas escambeas huuns a outros para senpre jamays por jur de herdade, et obligamos nosos beens para as fasermos sempre de pas huuns a outros. Et demays nos, o dito cabidoo, juntamos logo estas ditas herdades que nos vos, o dito Ruy Gomes, destes a o noso casal de San Jullao, que he dos ditos aniversarios, que vos, o dito Ruy Gomes, teedes aforado, que os tenades con o dito casal en vervo por aquel tempo que avedes a teer o dito casal. Et que dedes, cada anno, por estas ditas herdades a os ditos aniversarios quatro maravedis, d’oyto soldos o moravedi, demays que os viinte moravedis que avedes a dar por lo dito casal.

Et eu, o dito Ruy Gomes, asy a reçebo et obligo meus beens para pagar cada anno os ditos quatro moravedis por la dita herdade. Et nos, o dito cabidoo, et Ruy Gomes logo por esta presente carta metemos huuns a outros enno iur et posison et propiedade das ditas escambeas segundo dito he. Et porque esto seia çerto rogamos a Jacome Guillelmes, notario publico de Lugo, que fezese desto dous publicos estromentos en hun tenor, hun para vos, o dito Ruy Gomes, et outro que o deytase enno voso livro do cabidoo, ambos con seu signal.

Feytos en Lugo XIIIe dias d’agosto, era de mill et trezentos et noveenta et quatro annos.

Testemoyas: don Fernan de Deus, chantre de Lugo; don Afonso Gomes, arçidiago de Deça; don Garçia Diaz, arçidiago de Sarrea; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Vaasco Diaz, juyz; don Lopo Domingues, thesoreyro; Iohan Fernandes, Iohan Diaz, Thomas Gomes, Alvar Rodrigues, Diego Martines, Fernan Peres, coengos; Diego Gonçalves, Gonçalvo Eanes, Alvar Dias, raçoeyros; Afonso Eanes et Afonso Eanes, Fernan Eanes, Jacome Eanes, Afonso Fernandes, clerigos do coro de Lugo; et Lopo Peres, porteiro do cabidoo, et outros ts.

Et eu Jacome Guillelmes, notario publico de Lugo dado per la autoridade do bispo dese lugar, a esto presente fuy et a rogo das partes sobreditas esta carta en minna presença fige escrivir en este livro do cabidoo et puge y meu signal en testemoyo de verdade.