GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1070
1447, xaneiro, 12. Lugo

Inés Pérez, nai do xuíz lucense, dóalle ó Cabido de Lugo os seus bens en San Xoán de Vilaceleiro e en San Miguel de Vilachá para a celebración do aniversario anual de Elvira Fernández.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 8 v.
   

Ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et quareenta et sete anos, doze dias do mes de janeyro. En a çibdade de Lugo dentro en a iglesia cathedral da dita çiudade açerca da porta por donde soben a os orgoos da dita iglesia en cabidoo por canpana tangida, segundo han de uso et de custume os benefiçiados da dita yglesia de se juntaren en cabidoo, en presença de min notario et das testemoyas de iuso escriptas pareçeron ende de presente Juan Lopes, mercador, vesino desta dita çiudade de Lugo, et sua muller, Eynes Peres, et seendo ende presente Roy Lopes, liçençiado en decretos et juys ordenario da dita çiudade et coutos de Lugo, fillo dos ditos Juan Lopes et Eynes Peres; a dita Eynes Peres de liçençia et consentimento et outorgamento dos ditos seus marido et seu fillo, segundo que a cada un deles atangia de outorgar et consenteyr, deu et outorgou en dapdiva et pura donaçion, segundo que mellor podia et devia de dereyto, a o dito cabidoo da dita yglesia de Lugo para senpre jamays por jur de erdade por amor de Deus et por la alma de Elvira Fernandes de Lea, de que ella ficou erdeyra, todos los beens rayses et casas et casares et erdades bravas et mansas et partes delas et arbores que a dita Elvira Fernandes avia et lle perteeçian de aver en as fiigresias et sub os signos das iglesias de Sayoane de Vila Çelleyro et de San Miguel de Villachaa, dos quaes beens entre los outros son tres casas que estan juntas en un terreo en a aldea de Segovea, et quinon d’outros formaes de casas que estan en a dita fiigresia de Villa Çeleyro, et das ditas erdades se labran agora a huna maao çinquo fanegas sementadura, et d’outra maao tres fanegas; as quaes casas et casares et erdades bravas et mansas deu a o dito cabidoo, segundo dito he, por cargo que o dito cabidoo et seus suçesores que fosen despoys delles disesen et çelebrasen hun aniversario por la alma da dita Elvira Fernandes, en cada un ano, a des dias do mes de março en esta maneyra: en vespera do dito aniversario disesen hun responso quantado et en outro dia huna misa de requien quantada con seu responso et oraçiones, segundo costume da dita iglesia de Lugo, por la alma da dita Elvira Fernandes. Et os ditos senores do dito cabidoo, que enton eran presentes, por si et en nome dos outros que eran absentes asy reçeberon a dita donaçion a elles feyta por la dita Eynes Peres et se obligaron de fazer et çelebrar o dito aniversario por la alma da dita Elvira Fernandes, segundo suso dito he. Et de como pasou as ditas partes outorgaron et mandaron faser huna carta de contrabto a mays çerta que se podese faser por min dito notario.

Que foy feyta et outorgada en a dita çiudade et iglesia, ano, dia et mes sobreditos.

Testigos que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; et Roy Lopes d’Aguiar de Neyra, Johan Afonso de Galdo de Sarrea, Nuno Gonçalves de Deçon, Gonçalvo Peres de Carvallido de Triacastella, arçedianos; Lopo Dias, mestrescola; Rodrigo Afonso, Pedro Fernandes, Johan Martines, Johan Vidal, Diego Fernandes et Diego Vasques et Lopo Garçia, coengos da dita iglesia de Lugo.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita ciudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo o suso contiudo con os ditos testigos presente foy et esta carta de donaçion seendo eu ocupado de outros negoçios por outro fige escrivir, salvo çertos testigos que escrivi con mina mao, et aqui puge meu nonme et signal acostumado en testemoyo de verdade que he tal.

Rogado et requerido.

Petrus Alfonsi, canonicus, notarius.