GMH/ÍNDICE A-Z

1110
1456, xullo, 30. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Roi do Campo e a tres voces unha casa na rúa de Burgo Novo, freguesía de Santiago, por renda anual de seis marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 4 r.
   

Sabean quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo per son de canpana tangida, segundo avemos de uso et de costume, dentro en a dita iglesia açerca da porta por donde soben a os orgoos da dita iglesia, entendendo que fasemos noso proveyto et de nosos suçessores aforamos et damos aforo et avervo a vos Roy do Campo, criado de noso senor Obispo don Garçia, por vosa vida et de outras tres personas, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento, et outra qual nomear aquella persona que por vos for nomeada, et asi das outras suçessive ata que seia complidas as ditas personas, huna nosa cassa, que he dos aniversarios da dita iglesia, a qual he sita en esta çiudade de Lugo en a rua de Burgo Novo sub o signo da Capela de Santiago, et ias a par de outra casa de Lopo Lopes de Goyoso, en que el ora mora, de huna das partes, et da outra cabo de outra casa en que agora mora Ignes de Ludrio et topa en a rua publica, a qual vos aforamos con todas suas saydas et entradas et con todos seus dereytos, segundo que ella a nos perteesçe et a os ditos aniversarios, a tal pleito et condiçon que façades et levantedes a dita casa de balcoons de anbas las partes ata çinquo anos primeyros siguentes sub pena que se o asi non feserdes que pergades o dito foro por ese mesmo feyto; et dedes de foro della vos et as ditas personas, en cada hun ano, a nos ou a noso rendeyro ou colledor das rendas dos ditos aniversarios seys maravedis de moneda vella de longos, por dia de San Martino do mes de novembre, en pas et en salvo en esta dita ciudade de Lugo, et tenades vos et as ditas persoas a dita casa levantada, cuberta et ben reparada que se non perga por mingoa de reparo; et a finamento da postremeyra persona, que suçeder en o dito foro da dita casa, que ela fique feyta, cuberta et ben reparada a nos, o dito cabidoo, et a os ditos aniversarios con todos los boos paramentos que en ella foren feytos, et demays que cada huna das ditas personas que suçederen en o dito foro que seia tiuda et obligada de se viir mostrar foreyra del en cabidoo do dia que en el suçeder por foreyra ata triinta dias logo seguentes, sub pena que se o asi non feser por ese mesmo feyto perga o dito foro.

Et eu, o dito Roy do Campo, que presente estou asi reçebo o dito foro da dita casa de vos, o dito cabidoo, por los modos, maneyras et condiçoes sobreditos et obligo a min et a meus beens et das ditas personas de o teer complir et pagar todo segundo se en esta carta conten.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos et mandamos dello faser duas cartas de foro ambas en hun tenor por lo notario iuso escripto huna para vos, o dito Roy do Campo, et vosas personas et outra para nos, o dito cabidoo, et nosos suçessores, et por mayor firmesa mandamos seelar a carta de vos, o dito Roy do Campo, con noso seello pendente.

Que foy feyta et outorgada en a dita çiudade de Lugo en a dita iglesia et lugar.

Testigos que foron presentes et outorgaron o dito foro: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea; Roy Lopes, liçençiado et juys; Rodrigo Afonso, Johan Vidal, Juan Ares de Parrega, et Pedro Meendes, canonigos da dita iglesia de Lugo.

Dia esta feyra, triinta dias do mes de julio, ano do naçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquoenta et seys anos.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita ciudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo ho suso contiudo con os ditos testigos presente foy et esta carta de foro por outro fige escrivir seendo eu ocupado de outros negoçios et aqui puge meu nome et signal acostumado en testemoyo de verdade que he tal rogado et requerido.

Petrus Alfonsi, canonicus, notarius.