GMH/ÍNDICE A-Z

H27
1435, decembro, 13
Ares Ruxel, testamenteiro de Xoán Afonso, require a Gonzalo Afonso, capelán de Santa Mariña, para que redima polo xusto prezo unha casa pertencente á súa capela e aforada ao dito Xoán Afonso, posta en venda para cumprir as mandas do seu testamento. (fol. 9v)

Ares Rugel.

A XIII de desenbro Ares Rugel, conpridor do testamento de Joan Afonso, requerio a Gonçalvo Afonso, clerigo capelan de Santa Mariña, que hunas casas que son da dita capela e que o dito Joan Afonso tina aforado da dita capela e as mandara vender para conprir suas mandas e testamento e andavan a vender, por ende que lle requeria que as remiise por lo justo preço, senon que protestava que seu dereito non peresçese (Tests. Fernando de San Pero de Bobadela)* /etç. et o dito Gonçalvo Afonso diso que avería seu acordo e faría o que\ con dereito devese. Tests. Fernando de San Pero, Gonçalvo Rañooa, Alvaro d’Ervedelo.