GMH/ÍNDICE A-Z

508
1434decembro, 1

Afonso de Moreiras e Pedro de Porzomillos sinalan homes bos para que en oito días emitan sentencia sobre o preito que manteñen polo arrendamento e empeño de certos bens. (fols. 157v-158)

Afonso de Moreyras et Pero Fernandes de Porçomillos.

En este día Afonso de Moreyras et Pero de Porçomillos notario outorgaron conpromiso ontre sy que por rason que avyan pleyto e debate et contenda sobre rason dos beens que o dito Afonso de Moreiras arrendara et enpenara ao dito Pero Fernandes e Alvaro Çide e por se quitar dos ditos pleytos que sobre elo poderian recreçer, poseron seus omme boon, Pero Fernandes, por sy et porlo dito Alvaro Çide, poso Afonso Anriques, et o dito Afonso de Moreiras poso por sy ao dito Afonso Anriques, para que o dito Afonso Anriques libre (fol. 157v)

ontre elles en solydo como achar por dereito e non en outra maneira, et que o libre doje a oyto dias e toda sentença que der, partes presentes ou non presentes, que as partes que esten en elo. Penna mill mrs. etç. Et que en este termino que os ditos Pero Fernandes e Alvaro Çide e Afonso de Moreiras et sua moller que veñan faser juramento sobre todo elo e diser cada huna das partes a verdade etç. Conpromiso forte e firme etç. Tests. Joan Fernandes carniçeiro, Estevo Sestido e Joan do Bouteiro et Vasco escripvan e Ares Vasques.