GMH/ÍNDICE A-Z

875
1388, maio, 22. Lugo

Álvaro Bota e Afonso Vileigán, testamenteiros do clérigo Afonso Arias, véndenlles ao bispo e á igrexa de Lugo todo canto o devandito clérigo tiña no couto de Belesar e Diomondi por catro mil marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 28v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos Alvaro Bota et Afonso Vileigan, compridores do testamento de Afonso Aras de Belsar, clerigo que foy, de boo curaçon et de boa voontade sen premia et costrengemento de alguno por poder que nos he dado por lo dito seu testamento por quanto non achamos beens moviles que avondassen a comprimento do dito testamento vendemos a vos, o honrrado sennor dom frey Pedro Lopes por la graçia de Deus, obispo de Lugo, todas las casas et vinnas et herdades et formaes et arvores et dereyturas et jures et pertenenças et abçoes et penssoes que o dito Afonso Aras avia et lle perteesçia de aver asy por subsçesson de seu padre, Aras Peres, commo por compras et gaanças et outra maneyra qualquer enno couto de Diomonde et Belsar con suas dereyturas et pertenenças, a montes et a fontes, per hu quer que vaan sub o signo de Sant Paayo de Diomonde et enno dito couto, sacado ende as casas et vinnas et herdades et outros beens quaesquer que eran do dito Afonso Aras et lle perteesçian enna dita fiigregia et couto desimo a Deus, por los quaes ditos beens disimo a Deus o dito Afonso Aras mandou ordenar huna capela perpetua enna iglesia de Diomonde onde jas sepultado seu corpo; et resçebemos de vos en preço por esta vençon quatro mill moravedis desta moneda usual dos quaes nos outorgamos por entregos et ben pagos porque nos fesestes deles pago en taças et dineiros et en boa plata lavrada en presençia do notario et testemoyas subscriptas, et renunçiamos a excepçon do aver non contado, nen dado, nen pagado, nen resçebido que a non possamos aver nen alegar por nos nen por outren en juyso nen fora del. Et por esta presente carta poemos et apoderamos a vos, o dito sennor obispo, enno jur et possison et propiedade seu quer dos ditos beens et de cada huuns deles, et tiramos ende a nos et a toda vos do dito Afonso Aras, et se os des aqui endeante usarmos ou pesoyrmos ou de parte deles connosçemos et outorgamos que os usamos asy commo vosos posuydores et por vos et por vosa iglesia et en voso nome precario. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos a Afonso Touron, notario publico de Lugo, que fesese ende esta carta. Que foy feyta en Lugo, viinte et dous dias de mayo, anno da naçença de noso Salvador Ihesu Christo de mill et tresentos et oyteenta et oyto annos. Testemoyas que foron presentes: don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça; don Aras Peres, arçidiago de Deçon; Estevoo Rodrigues, prelado de Santo Estevoo; frey Lopo das Ribeiras; Ruy Vaasques; Rodrigo Yanes de Burela; Johan Ferrnandes, camareyro.

Et eu Afonso Touron, notario publico de Lugo por la auctoridade do dito sennor obispo dese lugar, a todo esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente fuy, et a rogo das ditas partes esta carta en minna presençia fis scrivir et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.