GMH/ÍNDICE A-Z

E2-1
1435, marzo, 6
A petición do Concello, que alega prexuízos para os veciños, o bispo revoga a súa ordenanza anterior que limitaba a catro meses anuais o tempo durante o cal se autorizaba deixar andar os porcos pola cidade. (fol. 1)

Ordenança dos porqos.

E despois desto, enna dita çibdade d’Ourense, dia domingo, seys dias do mes de março, enna çibdade d’Ourense, ennos paaços de don Diego obispo d’Ourense, estando y presente o dito señor don Diego obispo do dito obispado d’Ourense, outrosy estando y presentes Garçia Dias de Cadorniga e Garçia Dias d’Espinosa e Loys Gonçalves das Tendas e Alvaro Afonso da Fonteyña e Gomes de Chantada rejedores da dita çibdade e Pero Fernandes de Porçomillos juis da dita çibdade e Afonso Anriques juises da dita çibdade e Joan Paas notario procurador sustituyto do dito conçello en lugar de Afonso Ares, logo os ditos regedores e juises e procurador da dita çibdade diseron que pedian por merçede ao dito señor obispo que por rason que a sua merçede fesera ordenança sobre rason que non andasen os porcos enna dita çibdade salvo quatro meses do annos, e por quanto os vesiños da dita çibdade se agraveavan moyto por rason da dita ordenança e se qeixavan que era /grande\ sua perda e dapno, por ende que lle pedian por merçede que dese a dita ordenança dos ditos porcos por ninhuna, e logo o dito señor obispo diso que por quanto entendia que (hera)* era proveyto e honra dos vesiños e moradores da dita çibdade de tragueren os ditos porcos, por ende que dava as ditas ordenanças que feitas avia sobrelo por ninhunas e que non valuesen e que mandava que andasen os ditos porcos porla dita çibdade livremente etç. Tests. Gonçalvo Goterres e Alvaro carniçeiro e mais os sobre ditos.
Alvaro Afonso notario (sinatura). (fol. 1)