GMH/ÍNDICE A-Z

D168
1459, maio, 7
Querela de Afonso de Ramuín contra Gonzalo Rodríguez de Olveda (que está agonizante) por venderlle unhas tesoiras «de aparellar» en mal estado, do que dá fe un afiador («amolador»). (fol. 50v)

Feita e dada.

E despoys desto enna dyta çibdade d’Ourense, sete dyas do dito mes do dito anno, enna dita praça do Canpo, audiençia das besperas, paresçeu anteles Afonso de Ramoyn vesiño da dita çibdade e diso que pedía aos ditos alcalldes que por razon quel mercara hunas tesoyras de aparellar a Gonçalvo Rodrigues d’Olveda por oytoçentos e oyteenta mrs. vellos, as quaes diso que lle vendera por booas e desenganadas e agora as achavas asedadas e dapnadas e non merchantes nen valian a dita contía que por elas dera e o dito Gonçalvo Rodrigues estava en ponto de morte e non podía se levantar para llas demandar, que pedía aos ditos alcalldes que sacasen juramento de Alvaro Fernandes amolador quanto vaian as ditas tisoyras agora que as el vira e exsaminara, do qual os ditos alcalldes sacaron juramento en forma devida, por lo qual prometeu de diser verdade e feito o dito juramento diso e declarou por lo juramento que feito avya que as ditas tysoyras valian seys çentos mrs. vellos e segundo seu juyço que entendía que non valian mays, e desto en como pasou o dito Afonso de Ramoyn pedíu a min o dito notario que llo dese sygnado para guarda de seu dereito. Tests. que foron presentes Afonso Ares aparellador e Ares de Prado, vesiños da dyta çibdade e Gomes de Ribadiso e Pero de Monterrey. (fol. 50v)