GMH/ÍNDICE A-Z

135

1419, decembro, 14.
O Concello e homes bos tendo en conta que na elaboración dos nomes que debían ir nos cobrados, non se cumpriran as ordenanzas, mandaron que se fixera de novo a elección.

Era sobredita, quinta feira, quatorse dias do mes de desenbre, este dito dia seendo o conçello e alcalles e regidores e omẽes bõos da çidade de Santiago, juntados enno moesteiro de San Payo d’Ante Altares por crida de anafil, segundo que han de uso e de costume, presentes enno dito conçello Gomes Rodriges, bachiller en Decretos e Vaasco Fernandes Troquo, alcalles enna dita çidade e Fernan Gonçales do Preguntoiro, Martin Galos, Sancho Sanches de Moscoso, Afonso Fernandes Abril, Alvaro Afonso Juliate, Juan Ares da Cana, regidores da dita çidade en presença de min Rui Martines, notario publico jurado da dita çidade por la Igresia de Santiago e das testemoias adeante escriptas, logo enton o dito conçello, alcalles e regidores e omẽes bõos susoditos, diseron que por quanto dia lũus primeiro que agora pasou que foron honse dias deste dito mes avian feito e eligido por ante min o dito notario os cobros que avian de enbiar a noso señor o arçobispo de Santiago o anno primeiro //
(Fol. 71 vº)
seginte de mill e quatroçentos e veinte annos e por algũas rasões que os a elo moveran non fora gardada a ordenança antigua que era usada e apobrada de longos tenpos a esta parte [en faser ditos cobros] e outrosi por quanto ao tenpo que feseran os ditos cobros non poderan aver salvo a hũa taboa de seelo do seelo do dito conçello que ten  Pero Yanes Abraldes con a qual mandaran seelar os ditos cobros porque non poderan aver de presente a outra taboa do seelo do dito conçello que suya tẽer Bernald Yanes do Canpo, a quen Deus perdon. Por ende que eles querendo gardar a ordenança antigua que de longo tenpo fora guardada [en faser os ditos cobros] 35 e porque agora podian aver anbos os ditos seelos que davan e deron poder ao dito bachiller Gomes Rodriges para que nomease dous omẽes bõos do dito conçello quaes el quisese e vise que eran perteeçentes para elo para que os ditos dous omẽes por el nomeados nomeasen os honse e os ditos honse por eles nomeados que eligisen e nonbrasen os dose que avian de yr por cobros so seelo do dito conçello este dito anno, o qual dito bachiller nomeou logo a o dito Fernan Gonçales de Preguntoiro e a Pero Yanes Abraldes e os ditos Fernan Gonçales e Pero Yanes nomearon os honse, os quaes son estes que aqui dira, conven a saber: Juan Gonçales de Fajeiras demandador, e Juan Afonso de Fajeiras, çapateiro e Vaasco Fernandes carniçeiro e Pero Cochorro, escrivan e Afonso Bernaldes e Juan Jacob e Juan Martines do Vilar e Rodriges Yanes, fillo do Maestro da Obra, e Juan Fernandes d’Arouça e Garçia Yanes criado de Alvaro Afonso Juliate e Maestro Fernando çurugiano. E estes de susoditos nomearon logo por cobros este dito anno a estas personas que se sigen: Juan Ares da Cana. Fernan Ares Xarpa, Pero Yanes Abraldes, Afonso Fernandes Abril, Juan Fernandes Abril, Juan Bujeirete, Vaasco Peres Abril, Ares Chantreiro, Alvaro Gil, Juan d’España, Vaasco Gomes de Marçoa, Nuno Vinagre, os quaes asi nomeados por los sobreditos o dito conçello, alcalles e regidores sobreditos mandaron a min o dito notario que escrivise os nomes das ditas personas que asi nomeavan por cobros e mandaron aos que tĩina as taboas do seelo do dito conçello que posesen os ditos cobros so seelo do dito conçello segundo que era de custume [para que enbiase presentar os ditos cobros ao dito señor arçobispo por lo dito dia de kalendas januarias de guisa que o dito conçello non encorrese en penna algũa 36]. Esto fui enno dito lugar, dia, mes e anno susoditos. Testemoyas que a esto forom presentes, Alvaro Gil, Ares Chantreiro, Nuno Vinagre, Rui Freire, vesiños da dita çidade e Garçia Rodriges e Juan Dominges de Liñares, procuradores do dito conçello.


35 Borrado.
36 Na parte inferior do escrito.
 

Materias

arquivo; catedral; cobrados; fábrica; familia; fillo; homes bos; nomeamento; ordenanza; poder; selo; xurisdición; mosteiro

Persoas

Afonso Bernáldez; Afonso Fernández Abril, rexedor de Santiago de Compostela; Álvaro Afonso Xuliate, rexedor de Santiago de Compostela; Álvaro Xil, cobrado; Ares Chantreiro, cobrado; Bernal Eáns do Campo; Fernando Ares Serpe, cobrado; Fernando González do Preguntoiro, rexedor de Santiago de Compostela; García Eáns, criado; García Rodríguez do Preguntoiro, procurador do concello Santiago de Compostela; Lope de Mendoza, arcebispo; Martiño Galos, rexedor de Santiago de Compostela; Mestre Fernando, cirurxián; Nuño González Vinagre, cobrado; Pedro Cochorro, escribán; Pedro Eáns Abraldes; Roi Eáns, fillo do mestre da Obra; Roi Freire; Roi Martínez de Carballido, notario público; Sancho Sánchez de Moscoso, rexedor de Santiago de Compostela; Vasco Fernández Troco, alcalde de Santiago de Compostela; Vasco Fernández, carniceiro; Vasco Gómez de Marzoa, cobrado; Vasco Pérez Abril, cobrado; Xoán Afonso de Faxeira, zapateiro; Xoán Ares da Cana, rexedor de Santiago de Compostela; Xoán Bugueirete do Preguntoiro, cobrado; Xoán de España, cobrado; Xoán Domínguez de Liñares, procurador do concello Santiago de Compostela; Xoán Fernández Abril, cobrado; Xoán Fernández de Arousa; Xoán González de Faxeiras, demandador; Xoán Martínez do Vilar; Xoán Xacob; Gómez Rodríguez, bacharel en decretos e alcalde de Santiago de Compostela

Outros

Altamira; Santiago de Compostela, cabido; Santiago de Compostela, concello; Santiago de Compostela, igrexa; San Paio de Antealtares

Lugares

Santiago de Compostela