GMH/ÍNDICE A-Z

379

s/d

Afonso da Prova, racioneiro, traspasa vitaliciamente a frei Ares de Moreira, prior de Santa Comba de Naves, o beneficio da igrexa de San Mamede de Palmés por renda anual de dez fanegas de pan. (fol. 113-113v)

Sabean quantos esta carta de traspasaçon viren como eu Afonso da Prova, raçoeiro enna igleia d’Ourense, dou et traspaso en vos frey Ares de Moreyra, prior do mosteiro de Santa Coonba de Naves, todo o dereito e posison e voz et auçon que eu ajo et teño enna igleia de San Momede de Palmes, a qual traspaso en vos en quanto o dito prior for prior do dito mosteiro et mays non, a qual traspasaçon do dito benefiçio faço enno dito prior por tal condiçon que me díe et page en cada huun anno des fanegas de pan enna dita igleia de Palmes en todo o mes de agosto, linpo de poo et de palla, medido por medida dereita da praça d’Ourense, et do al traspaso en vos todo o dereito, vos e auçon que eu teño ao dito benefiçio en quanto fordes prior, et por esta presente carta vos poño en todo o dereito que a el teño, e logo todo jur, dereito, senorio, posison, propiadade, voz et auçon que eu ajo et teño ao dito benefiçio todo o poño en vos segundo dito he et et con a dita condiçon etç. et renunçio que nonca delo diga o con ( fol. 113)
trario et a todas las leys etç. Penna mill mrs. etç. Tests. Penna quiñentos mrs. etç. Tests. Pero Carneiro coengo enna igleia d’Ourense e Alvaro Afonso et Gomes de Chantada rejedores e Gomes de Canba.