GMH/ÍNDICE A-Z

E2-41
1435, agosto, 22
O recadador real Iudá Pérez presenta ante o Concello cinco cartas e un caderno sobre o arrendamento do cobro das alcabalas do presente ano e dos dous seguintes. (fol. 20v)

Yuda Peres. Traslados das cartas del rey das alcavalas de noso señor el rey con o caderno, anno de XXXV annos e de XXXVI e de XXXVII.

Anno do nasçemento do noso señor Ihesu Cristo de mill et quatroçentos et triinta e çinqo annos, viinte et dous dias do mes de agosto, enna çibdade
d’Ourense, enno Parayso da iglesia catredal do señor San Martiño, presentes y en conçello Afonso Anriques, Pero Fernandes juises da dita çibdade, Estevo Fernandes, Loys Gonçalves rejedores da dita çibdade, Afonso Fernandes procurador do conçello da dita çibdade en lugar de Afonso Ares procurador jeeral do dito conçello, et Vasco Afonso, Afonso de Meende, Nuno Patiño, Alvaro Çide (notarios)*, Afonso de Betanços notarios, et Joan Fernandes prateiro, parte dos vesiños da dita çibdade, paresçeu y presente Yuda Peres recadador et presentou enno dito conçello et por min o dito notario feso leer estas çinqo cartas escriptas en papel, a huna delas /de (...)*\ firmada de (çertos hun nomme que desia)* de çertos nomes, librada dos contadores e ofiçiaas de noso señor el rey e a outras duas escriptas en papel et signadas de escripvano publico et hun caderno de noso señor el rey, por que manda arrendar as ditas alcavalas, seellado de seu sello mayor pendente, encaixado en duas cayxas, et mays outras duas cartas, huna firmada de noso señor el rey e seellada de seu seello e a outra librada dos seus contadores, das quaes o tenor tal he. (fol. 20v)