GMH/ÍNDICE A-Z

D142
1459, maio, 2

Sentenza pola que Costanza Paz e Catarina, en vista das mutuas inxurias, deberán permanecer nas súas respectivas casas o tempo que determinen os homes bos. (fols. 43v-44)

Costança Paas et Katalyna.

(A viinte)* a dous dias de mayo, en Ourense enna Praça do Canpo, audiençia das vesperas ante os ditos alcalldes, estando y presentes os ditos Costança Paas e Gomes Gonçalves esposo da dita Katalyna, diseron e qeixaronse que desian palabras debe-(fol. 43v)
dadas huna a outra e a outra a outra, que posesen remedio en elo en maneira que non fesese nen disese sen rason huna aa outra, et os ditos alcalldes diseron que confirmavan a dita sentença que os ditos juises avian dado et que estevesen anbas ennas ditas casas fasta que fose determinado porlos ditos omes boons et que non disese nen fesese sen rason huna a outra nen disese huna a outra palabras desonestas nen sen rason alguna so a penna que estava posta por los ditos juises, et as partes consentiron. Tests. Diego de Balboa notario, Alvaro da Fonte, Joan Cortydo, Joan Caldellas, Alvaro Fernandes pregoeiro.