GMH/ÍNDICE A-Z

482
1434s/d
O dito Álvaro de Aguiar outorga poder xeral a Vasco Pérez de Vilaza nos bens que lle pertencen na capela de Santa María de Vilaza. (fol. 145v)

   
En este dito día e ora e por estas tests. o dito Alvaro d’Agyar outorgou carta de poder jeeral et abastante ao dito Vasco Peres de Vilaça para que por el et en seu nome posa coller, demandar, reçeber et recadar todos los frutos e pan e viño, foros e rendas e dereitos et dereyturas et disemos e outras quaes quer cousas a el perteesçentes enna dita sua capela et que posa reçeber todos los foros e herdades mal paradas perteesçentes a dita capela et aforar aqueles que son perteesçentes por lo foro e preço que entender que conprir e a el ben visto for et dar carta e cartas de pago et entrar sobre elo en juiso et que outrosy posa demandar todos los foros, rendas perteesçentes a el por parte dos beens que ten ena \aldea de/ Medeiros, asy ennos que foron de Joan de Çebolino como que lle perteesçen por la casa de San Lasaro e que eso meesmo que posa delles aforar et reçeber quaes quer beens et herdades mal paradas etç. e aforalos etç. e dar carta de pago etç. Et obrigou seus beens etç. Tests. os sobre ditos etç.