GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

79

febreiro, 5

O xuíz Lois González nomea mediador ao notario Pedro Fernández de Porzomillos para que determine a diferencia sobre o pagamento de alcabalas pendente entre Nuno González, notario, e Abrahán de León. (fol. 26v)

Abraan de Lion.

Et despois desto, sesta feyra, çinqo dias do mes de fevereiro, ante Loys Gonçalves juis, audiençia da terça, Loys Gonçalves mandou por sentença a Nuno Gonçalves notario e Abraan de Lion, que determinase Pero Fernandes de Porçomillos notario as alcavalas dos viños que o dito Nuno Gonçalves avya vendido dos annos pasados, e todo o que o dito Pero Fernandes ontre elles determinase que estevesen en elo, so penna se o dito Nuno Gonçalves en elo non estevese que pagase alcavala como el rey manda ao dito Abraan e o dito Abraan se non estevese en elo que o dito Nuno Gonçalves fose dado por livre et quite del et as partes consentiron. Tests. Afonso de Meende, Alvaro Çide notarios, Pero Carneiro alfayate e Pero de Porçomillos.