GMH/ÍNDICE A-Z

266
1344, febreiro, 21
venda

Aldonza Rodríguez véndelle ao seu fillo Lopo Rodríguez de Sabadelle toda a súa herdade en Lamas (Velle) e outra en Calvelle, en parte de foro de quinta ao mosteiro de San Pedro de Rocas, por 120 mrs.

ACOu, Escrituras. X, 14

Enno nomme de deus amen. Sabeam quantos esta carta virem que eu Aldonça Rodriguez moradora en Calvelle, por min e por toda mina voz vendo e entrego logo para senpre por esta carta a vos Lopo Rodriguez meu fillo e a toda vosa voz, toda quanta herdade lavrada e por lavrar, vinas, casas, arvores et cortinas et terreos a montes e a fontes, con entradas e seydas et com todos seus dereitos et perteenças eu aio e que me perteençen e perteençer deven de dereito no lugar hu chaman Lamas et en seus termios que som da friguisia de Santa Marta de Velle. Et aynda vos vendo et entrego por esta carta a vos e a toda vosa voz para senpre toda quanta herdade eu conprey a Mayor Fernandez que foy de Calvelle, a qual herdade jaz enos termios de Revoredo e de Villarchaao, que som na friguisia de Sam Miguell de Calvelle. Vendo a vos os herdam[en]tos e cousas sobre ditas assy que vos e toda vossa voz os aiades et posuyades com entradas et s[e]ydas e con todos seus dereitos e perteenças daqui endeante en jur de herdade para senpre, et dos herdamentos que som de foro façades e paguedes foro de quinta ao moesteiro de Sam Pero de Rocas et dezemo a deus e livres e quites doutro enbargo. Ca outorgo et conosco que reçebi de vos bem e conpridamente todo o preço que a min e a vos por elo aprouvo, conven a saber cento e viinte mor. de dineiros brancos contados a xvi par de dineiros brancos por tres mor. dos que me logo outorgo entrega et bem pagada. Et outorgo anparar vos et toda vosa voz senpre a dereito con esta vendiçon por min e por todos meus beens gaañados e por gaañar. Et quem quer da mina parte ou da estraya que contra esta carta e vendiçom veer ou pasar en parte ou en todo aia a yra de deus e aa mina maldiçon et peyte a vos ou a vossa voz por ende de pena çem mor. da boa moeda et aa voz da ygleia de Santiago outros tantos peyte et esta carta valla et seia firme para senpre. Feyta a carta no lugar hu chaman o Pereiro, da friguisia de Prexegueiroo de terra d’Aguiar, viinte et hun dia de fevreiro, era de mill et trezentos et oyteenta e dous annos. Testemuyas que presentes foron Johan Peres morado[r] en Esgos, Domingo Perez morador en Nio de Grou, Johan Peres d’Ordeellas e Johan Martines escudeiro do prior de Sam Pero de Rooas.

Et eu Affonso Eanes escripvan jurado et escusador en terra d’Aguiar en lugar de Affonso Eanes notario publico na dita terra por noso señor o arçibispo et por la ygleia de Santiago que a esto presente foy et a pidimento das partes sobre ditas o escripvy et este sinal y puge en testemuyo de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta de Velle et das herdades de Lamas.

Cartas de Lopo Rodrigues de Calvelle.