GMH/ÍNDICE A-Z

399
1340, febreiro, 14. Lugo
Cláusula testamentaria de Maior Domínguez.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 29v.

Era de mill et treçentos et LXX VIIIº annos, XIIIIe dias de freveiro.

Estando enno choro da iglesia cathedral de Sancta Maria de Lugo, estando presentes huna peça dos homes boos do cabidoo desa iglesia, en presença de min Ruy Fernandes, notario publico de Lugo, dado por auctoridade do bispo dese miismo lugar, et das testemoyas subscriptas, Affonso Eanes, clerigo do choro da dita iglesia de Lugo, mostrou et feço leer hun testamento de Mayor Domingues, muller de Iohan Domingues dito Baboula que foy da rua Minaa, escripto en pulgameo et signado de signal de Fernan Peres, notario publico de Lugo, segundo por el pareçia, enno qual testamento entre las outras cousas se contina esta clausula que se segue: «Item mando et dou por aniversario a a iglesia de Sancta Maria de Lugo por mina alma et do dito Iohan Domingues, meu marido, a minna quarta de toda a casa que esta a rua Minaa, enna qual ora mora Pedro Eanes Barbaleda, con suas pertenenças et dereyturas, et que a aian con aquella carrega que ya an en ella os aniversarios, segundo que perteeçe a esta casa». A qual clausula leuda os sobreditos homes boos do cabidoo que y eran presentes mandaron a min notario sobredito que a escrivise en este livro do cabidoo, et prometeron de façer cada anno hun aniversario por la alma da dita Mayor Domingues, en outro dia de kalendas marças.

Testemoyas: don Fernan de Deus, chantres; don Aras Pellaes, thesoreiro; don Pedro Iacome, iuyz; Iohan Fernandes, Pedro Gualvan, Affonso Eanes et Iohan Dias, coengos, et outros.

Et eu Ruy Fernandes, notario sobredito, a esto commo dito he presente foy et a rogo do sobredito cabidoo et a pidimento do dito Affonso Eanes, clerigo, et por mandado et auctoridade de don Pedro Iacome, iuys de Lugo, esta clausula escrivi con esto que dito he en este livro do cabidoo et puge y meu signal.