GMH/ÍNDICE A-Z

358
1337, xuño, 10. Lugo
O Cabido de Lugo entrégalles a Afonso Eanes e á súa muller unha casa no Campo e recibe a cambio a metade doutras situadas no Burgo Novo, Coitelaría e Porta Miñá.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 13r.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos Fernan Aras, dayam, et o cabidoo da iglesia de Lugo, con outorgamento dos coengos d’aniversario da dita iglesia, façemos escambio valedeyro para senpre convosco, Affonso Yanes de Negral, mercador, morador enno Campo de Lugo, et con Aldara Affonso, vossa muller. Conven a saber damos-vos por iur de herdade para sempre iamays, a vos et a toda vos que veer, huna casa dos aniverssarios, que he enno Campo, cabo la casa en que vos ora morades da huna parte, et da outra parte iaz la casa dos aniverssarios que ten afforada de nos Françisco Martines. Ha qual casa vos damos con suas entradas et con suas saydas et con todas suas pertenenças sigundo la nos avemos et posuymos, enna qual vos metemos et damos la posisson et la propiedade.

Et vos, los ditos Affonso Eanes et Aldara Affonso, avedes a faser huna parede de pedra por vossa custa entre la dita casa que vos damos et la outra nossa que ten Francisco Martines enno terreo nosso et vosso de por meo, et que non façades y feestra nin porta ninhuna, et que nos dedes pousas en ella si quisermos lavrar enna outra nossa casa, et leixarnos alçar quanto nos quisermos. Et vos, los ditos Affonso Eanes et Aldara Affonso, que façades esso mismo se vos conprir. Et que ponnades enna dita parede as canaes que reçeban as aguas vertes d’anbas las casas, da nossa et da vossa, en guisa que sean sin danno da dita nossa casa.

Et nos, los ditos Affonso Eanes et Aldara Affonso, por este escanbio que vos os sobreditos dayam et cabidoo fasedes, por nos et por toda nossa vos por senpre, damos a vos et a a iglesia de Lugo por iur de herdade meatade de huna casa que avemos en Burgo Novo, de que ha a outra mea Aldara Eanes da Crus, que ias cabo da casa d’Afonso Migueles, fillo desta Aldara Eanes da huna parte, et da outra parte ias la casa de Maria Peres, muller que foy de Johan Rodrigues o bayneyro. Item vos damos meatade de outra casa que avemos enna Coyteleria, enna qual casa an la outra mea Affonso Fernandez bulleriço et Johan Peres da boa ventura, et esta casa iaz entre la casa dos aniverssarios en que mora Lopo Pellaes, alfayate, et da outra parte ias la casa de Pero Çerdeyras, que foy dos andadores. Item vos damos meatade de outra casa a a Porta Minaa en que ora mora Maria Bartholomeu, enna qual casa ha esta Maria Bartholomeu a outra mea, et ias a par da veela que vay a par do muro et da outra parte esta la casa d’Arias Peres da Crus. Et estas tres meas casas vos damos commo dito he con suas entradas et con suas saydas, et con todas suas pertenenças quantas nos en ellas avemos ou poderiamos aver en qualquer maneira. Et metemos-vos logo enno iur et enna propriedade delas para a iglesia de Lugo, et obligamos nos et todos nossos beens, guaanados et por guaanar, de vos faser de pas este escanbio que vos damos et de comprir o que sobredito he, et de non viir contra elo en nihun tenpo por nos nin por outro.

Et por que esto seia çerto et non venna en dulta nos anbas las partes rogamos a Johan Gonçalves, raçoeyro et notario publico de Lugo, que feçesse ende esta carta en que posesse seu nome et seu sinal en testemoyo de verdade, et que posesse outro tal enno livro do cabidoo, et por maior firmidume nos dayam et cabidoo sobreditos mandamos la seelar de nosso seelo pendente.

Que foy feyta en Lugo enno choro da dita iglesia des dias de iunyo, era de mill et CCCos LXXª et çinco annos.

Testemoyas: Françisco Guillelmes, Domingo Yanes, Johan Peres, Affonso Yanes, Fernando Eanes, Gomes Ferrnandes, clerigos do choro; Affonso Yanes, mercador da rua Minaa; Gomes Pellaes, Affonso Aras, Gonçalvo Peres, omes de Johan Ferrnandes, coengo; et outros moytos que a esto foron chamados et rogados.

Et yo Johan Gonçalves, raçoeyro et notario publico de Lugo por actoridade do bispo desse lugar, a todo esto que dito he con las testemoyas que ditas son presente fuy et a rogo dos ditos dayam et cabidoo, que sobre esto foron ajuntados, et dos coengos d’aniversarios et dos ditos Affonso Eanes et Aldara Affonso, esta carta scrivi et puge en ella meu nome et meu sinal en testemoyo de verdade.