GMH/ÍNDICE A-Z

E1-25
1436, xuño, 22
Luís García e o abade da Trindade, Martín Sánchez, presentan ante varios rexedores a carta (real) ordenando o cobro do «pedido» do ano 1433, mais ao non estaren estes no Concello aprázase a recepción para o día seguinte. (fol. 13)
A XXII dias de juyo, enno Parayso, Loys Gonçalves e Martin Sanches abade presentaron a carta dos pedidos do anno de XXXIII ante Alvaro Afonso e Goterre Afonso e Gomes de Chantada rejedores e diseron etç. e que o daría por escripto e diseron que non estava en conçello e que lle asignavan praseo para de manaan etç., presentes y Afonso Yanes, Meen de Seabra, Vasco Afonso. Tests. Afonso Fernandes notario, Meen Suares, Afonso Gomes alfayate, Joan Fernandes prateiro. (fol. 13)