GMH/ÍNDICE A-Z

476
1434novembro, 15
Diego Méndez dáse por pago de Vasco dos Santos, morador en Santa Mariña do Monte, de 120 mrs. que Xoán da Costa, morador en Francos de Macenda, debía a Fernando Pérez de Pilarno. (fol. 142)

       

Vasco dos Santos.

A XV dias do mes de novenbro Diego Meendes se outorgou por pago de Vasco dos Santos, morador en Santa Mariña do Monte, en nome de Joan da Costa, morador en Francos de Maçeenda, de çento e viinte mrs. branca en tres dños. et para en pago de C LXXX çento et noveenta mrs. que o dito Joan da Costa devia a Fernando Peres de Pylarno por huna obrigaçon etç. Tests. Afonso Garçia pedreiro, Afonso Anriques notario, Joan do Bouteiro. (fol. 142)