GMH/ÍNDICE A-Z

897
1401, xullo, 2. Lugo
O Cabido de Lugo ordena a distribución de 3.300 marabedís correspondentes ós aniversarios.
MADRID, AHN, Cód. 416  B, f. 85  V.
   

En o ano da naçença de noso Salvador Jhesu Christo de mill et quatroçentos et hun anos, dous dias do mes de julio.

Estando dentro en o coro da iglesia cathedral da çiudade de Lugo o deam, persoas, coengos et raçoeyros da dita iglesia por campaa tangida, segundo que o avian de uso et de custume, en presença de min notario et testemoyas subscriptas os ditos deam, persoas, coengos et raçoeyros dela feseron [...] et ordenaron, segundo que aqui diran, que de poja dos aniversarios et renda en que primeyra estavan que monta por todo tres mill et tresentos moravedis longos, et distribuyronos en esta guissa: a os matiis viinte et dous soldos, a a prima [...] soldos, a terça quinse soldos, a a vespera quatorse soldos. Et estas oras sobreditas an de contar en esta maneyra: os matiis a sayda do terçeyro salmo et que esten a o [...]; a a prima a o terçeyro salmo quando y non ouver et quando y ouver missa a os quiries; a a terça a os quiries, et que esten a os [...] Dei; a a vespera a o terçeyro salmo, et que esten a o [...] de Salve Regina. Et estas oras sobreditas ha de contar Fernando Fernandes, raçoeyro, ou de que conte [...]; et para esto feso juramento a os Santos Evangeos, que tangeu corporalmente con suas maos. Item ordenaron os ditos dean et cabidoo que todas las [...] et proçisoes venan a a mao do distribuydor et non de outro algun. Item ordenaron et mandaron os sobreditos deam et cabidoo faser huna proçison o dia de procesio martiniam, et an os aniversarios de dar por ela en cada hun ano viinte moravedis longos. Item ordenaron et mandaron [que o] semaneyro començe as oras, ou a quen el encomendar, et non outro algun, et non viindo començar o dito semaneyro, ou seu escusador, non seia contado por oyto dias, et começando outro sen liçençia sua que non seia contado por outros oyto dias; et quando ouver feria et [defuntos] que començe o que for somaneyro dos aniversarios et quando non ouver feria que començe o semaneyro do altar grande; et esta ordenança non se entenda a os matiis en feyto de començar salvo en as festas [...]. Item ordenaron et mandaron os ditos dean et cabidoo que conten cada dia a a terça entre coengos et raçoeyros prebendados çinquenta soldos por quanto ata aqui non contaron mays [...].

Que foy feyto, dito, outrogado, mandado, ordenado, et tratado por los sobreditos dean et cabidoo dentro en o coro da dita iglesia cathedral todo o que sobredito he dias et mes et ano sobreditos.

Testemoyas que foron presentes: don Johan Martines, deam de Lugo; dom Affonso Lopes, chantre; don Alvar Dias, arçidiago d’Aveancos; Afonso Fernandes, Johan Eanes, Afonso Rodrigues, coengos, et outros.

Et eu Rodrigo Ares, coengo de Lugo et notario apostolical, foy presente a esto que sobredito he et puge aqui meu nome.

Rodericus Arie, notarius apostolicus.