GMH/ÍNDICE A-Z

870
1386, marzo, 19. Lugo
O bispo de Lugo outórgalles a García López e á súa muller a cuarta parte do muíño de Cavalar, en Santa María Madanela de Coeses, e recibe a cambio unhas leiras de herdade na mesma freguesía.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 33r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos don frey Pedro Lopes da orden dos pregadores por la gracia de Deus et da sancta iglesia de Roma, obispo de Lugo, por nos et en nome da nosa iglesia, da huna parte, et nos Garçia Lopes de Costante et mina muller, Clara Afonso, que non esta presente porque obligo a faser outorgar, da outra parte, fasemos entre nos tal escambea que seia firme et valedeyra para senpre segundo que aqui dira. Coven a saber que nos, o dito sennor obispo, damos para senpre jamays por jur de vosa herdade propia a vos, os ditos Garçia Lopes et Clara Afonso, vosa muller, et a toda vosa vos a quarta parte que a nos et a nosa iglesia perteesçe enno moyno chamado de Cavalar, que he sito enna agoa do rio da Seeca enna fiigresia de Sancta Maria Madanela de Coeses, a qual dita quarta parte do dito moyno vos damos con todas suas dereyturas et pertenenças segundo esta et moe enna dita agoa.

Et nos, os ditos Garçia Lopes et Clara Afonso, mina muller, damos en escanbea por a dita quarta parte do dito moyno a vos, o dito sennor obispo, et a vosa iglesia para senpre jamays por jur de vosa herdade propia, as nosas leyras de herdade que nos avemos enna dita fiigresia de Santa Maria Madanela de Coeses enna agra chamada do Poombar de cas Meagide, que son huna media teega semente de herdade, das quaes leyras a huna delas jas en braço con outra vosa leyra et fere de testa en outra leyra vosa; et a outra leyra fere de testa en outra vosa leyra et da outra testa fere contra [Leborin]; as quaes ditas leyras vos damos et a vosa iglesia con suas dereyturas et pertenenças. Et nos as ditas partes poemos et apoderamos logo enno jur et possison et propiedade das ditas escambeas huuns a outros, et tiramos ende a nos et a a dita nosa iglesia et a nosas voses para senpre, et obligamos nosos beens et da dita nosa iglesia de as fasermos saas et de pas huuns a outros; et des oie mays este dia ajan cada hun de nos as ditas escambeas que nos damos et façemos sen enbargo hunns a outros et de nosos subsçesores et herdeyros. Et que esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a Afonso Touron, notario publico de Lugo et scrivan de nos o dito sennor obispo, que fesese ende esta carta.

Que foy feyta en Lugo, des et nove dias de março, anno da naçença de noso Salvador Ihesu Christo de mill et tresentos et oyteenta et seys annos.

Testemoyas que estavan presentes: frey Lopo das Ribeyras; Pedro Fernandes de Deral, clerigo; Johan Aras, notario; Gonçalvo Peres d’Amande, clerigo; Fernando Rodrigues, seu jenrro; Johan Vidal, ferreyro; Ruy Gonçalves de Goyos; Johan de Belmonte, camareyro; Aras Peres de Sant Martino, alcallde, et outros.

Et eu Affonso Touron, notario publico sobredito dado por la auctoridade do dito sennor obispo, a todo esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente fuy et a rogo das ditas partes esta carta scrivi et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.