GMH/ÍNDICE A-Z

250

maio, 20

Pedro González, cóengo de Santa María de Xunqueira de Ambía, vende a Inés Pérez, veciña de Ourense, vinte fanegas de centeo, a 6 mrs. a fanega, que se entregarán no dito mosteiro. (fol. 82)

Eynes Peres. Feita e dada.

(En este día Eynes Pero Gonçalves, coengo de Santa Maria de Junqueira d’Ambya e reytor da igleia de Santa Maria de Caracoons, vendeu a Eynes Peres, vesiña d’Ourense, viinte fanegas de çenteo a seys mrs. cada fanega, da qual dita paga das ditas XX fanegas de çenteo se outorgou por pago, as quaes ditas viinte fanegas do dito çenteo se obrigou de lle dar enno dito mosteiro de Santa Maria de Junqueira en todo o mes de agosto, linpo de poo e de palla, medido por medida dereyta da praça d’Ourense, forro e quite de alcavala, sopenna de çinqo mrs. etç., para o qual obrigou sy e seus beens e deu consigo por fiador Alvaro Peres, morador en Paaços, que he enno dito couto de Junqueira, que estava presente e obrigou seus beens a dita fiadoria etç., anbos de man comuun etç. Tests. Loys Gonçalves de Valladolid e Afonso de Logilde e Estevo criado do dito prior)*. ( fol. 82)