GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da Terra de Rianxo e Postmarcos

069
1457

-69-

Arrẽdamento / vjna.

Este dito día, mes e ano4 e lugar susodito. Como4 eu, Ares do Outeyro, morador en Outeyro, / da freigresja de Santa María d'Asados, outorgo e coñosco que dou a rrẽta a vós, Pero / Pipo206, morador en Laýño, que sodes presente, a mjña leyra da vjña / da Senrra, que jas so o sjno de Santa Vaya do Araño, cõ seus barbeytos e deuesa, / por honse anos4 primeyros seguintes que hã de comẽçar este primeyro dja de janeyro que vẽ / do primeyro ano4 que agora verrá de J M CCCCº LVIJº anos4, XJ anos4 e XJ noujdades / alcadas, por preço e cõtía de sesẽta morauidís vellos que de vós rreçebj; e en rrasõ / da paga rrenũçio as leys, et çétera; a qual dita bjna avedes de labrar de todos / seus bõos laboríos segundo a vjna perteesçẽ, e despoys de cõpridos estos ditos / anos4 me la avedes de deixar libre, quita e desẽbargada; e póñobos / des oje dja ẽna posesiõ dela, / e avendo, o dito Ares, de vender, deitar207, trocar, cãbiar, enagenar4 a dita vjña en algũu / tenpo, que vosla dé a vós, o dito Pero Pipa, tãto por tãto, e así mjsmo me / obligo4 de vosla faser çerta e desẽbargada [d]urãte208 o dito tenpo do dito arrẽ/damento[209]. / E eu, o dito Pero Pipa, así rreçebo a dita / rrẽta da dita bjña e me obligo4 por mj e meus bees de a labrar en / cada hũu dos ditos XJ anos4 de bõos lauores que a vjna perteesçẽ, et çétera, so pena / do dobro da dita cõtía, e outrosí de vosla deixar desẽbargada en fin do / dito arrendamẽto, et çétera210. Carta firme. Testigos: Jon Cãtelrra, morador en Rriãjo, / e Jon Durã de Rriãgiño e Afonso de Lugo, morador en Sã Saluador de Taragoño.

__________

206. Despois está riscado que sodes presente.
207. Deitar está sobre a liña.
208. Está escrito turãte.
209. As catro liñas do documento desde e avendo eu...ata ...arrẽdamento engadiunas á parte ó final da nota con indicación do punto de inserción mediante unha aspa.
210. Despois está riscado e a vós testigos
.