GMH/ÍNDICE A-Z

474
1434s/d
Costanza González, moradora en Tibiás, vende a Xoán de Cachamuíña e á súa muller María Vázquez, moradores en Ceboliño, a súa parte dunha casa por 100 mrs., pagos nunha taza de prata. (fols. 141v-142)

       

Carta de Joan de Caschamuyna, pagados IIII mrs. II dños.

Sabean quantos esta carta de venda viren como eu Costança Gonçalves, moller que foy de Gonçalvo Marqos, moradeira en Tibyaas, vendo firmemente por min e por toda miña voz et logo por esta presente carta entrego a vos Joan de Cas Chamuyna, morador enna aldea de Çebolino, que sondes presente et a vosa moller Maria Vasques que non he presente et a todas vosas voses de disemo a deus para senpre, conben a saber que vos vendo toda a miña parte et quiñon da miña casa da Moreyra, que eu et o dito meu marido Gonçalvo Marqos merqamos a Gonçalvo Tibaldo, que esta enna aldea de Çeboliño et parte de hun cabo con eixido que vos o dito Joan de Caschamuyña teendes et da outra parte con o curral et en baixo contra outro voso terreo. Vendo vos toda a dita parte et quiñon que me a min perteesçe de dereito, a qual vos vendo de disemo a deus para senpre, asy que vos e vosas voses etç., ca nosco et outorgo que reçeby de vos todo o preço que a vos e a min aprouvo de me de conpra dardes, conben a saber çen mrs. branca en tres dños., os quaes de vos reçeby en huna taça de prata en presença de min o notario e tests. de juso escriptas, de que me dou por pago etç. et mays que vos o dito Joan de Caschamuyna que me quites das custas da cartas en correy dos fillos de Martin Cofan, e do al vendo (fol. 141v)

la de disemo a deus etç. e logo todo jur, dereito etç. et por esta presente carta vos poño enna posison etç. et obrigo meus beens etç. Penna çen mrs. etç. Tests. Goterre Afonso rejedor, Rodrigo escripvan et Afonso de Tyora morador en Tyora.