GMH/ÍNDICE A-Z

1051
1438, decembro, 7. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Álvaro Gómez e a dúas voces unha casa na rúa de Batitalas por renda anual de once marabedís e outras obrigacións.

MADRID, AHN, Carp. 1337 nº 17, perg. orix., galego, cortesá, 205 x 270 mm.


   

Sabeam quantos esta carta de foro viren como nos o dean et cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo dentro en o thesouro da dita iglesia por canpaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, et de consentimiento et outorgamento de Nuno Gomes, coengo da dita iglesia et rendeiro prinçipal dos aniversarios, que he presente et outorgante, damos aforo et avervo a vos Alvaro Gomes de Lea, fillo de Alvaro Gomes de Lea, et a outras duas personas depoys de boso finamento, huna qual vos nomeardes et outra qual nomear aquela persona que por vos for nomeada, huna nosa casa et dos ditos aniversarios que esta en esta çiudade de Lugo en a rua de Baticalas sub signo da Capela de Santiago, en a qual vos agora morades, que esta junta da huna parte con outra casa en que moro Rodrigo Ares, coengo, et da outra parte outra casa en que mora Pedro Afonso, coengo; a qual vos aforamos con suas entradas et saydas et dereituras et pertenenças, segundo a nos perteesçe, a a tal pleito et condiçon que vos façades et ergades a dita casa a duas agoas d’aqui ata çinquo anos primeyros que lle façades et alçedes hun sobrado escontra a rua, et non no comprindo, nen atendendo asy, que dende endiante paguedes dobrado o dito foro, por lo qual avedes de dar et pagar cada ano de foro et pensson a aquel que for rendeiro et moordomo dos ditos aniversarios onse maravedis de moneda vella, a des dineiros novees o moravedi, cada ano por dia de Natal. Et a finamento da pustrimeira persona que subçeder en o dito foro que a dita casa con as ditas feyturas et reparanças sobreditas, que avedes en ela de faser, fique libre et desenbargada a a dita iglesia con todos los outros boos paramentos que en ela foren feitos. Et outrosy con condiçon que a pustrimeira perssona que subçeder en o dito foro seia tiuda et obligada de viinir mostrar a o dito cabidoo como he persona et foreyra del et de o reçeber del do dia que en el subçeder por persona ata triinta dias primeiros seguentes sub pena que non no conprindo asy que perga o dito foro.

Et eu, o dito Alvaro de Lea, que presente estou asy reçebo o dito foro da dita casa de vos, o dito dean, et cabidoo por las maneiras et condiçoes sobreditas, et obligo a mi et a meus bees et das ditas persoas de o conprirmos et pagarmos et atendermos segundo et por las maneiras et condiçoes que en esta carta de foro se conten. Et nos, o dito dean et cabidoo, asy vos lo outorgamos. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso escripto que fesese delo duas cartas de foro anbas feitas en hun tenor huna para vos, o dito Alvaro Gomes, et vossas personas, et a outra que a lançase en o libro do dito cabidoo, et as signase de seu signal, et por mayor firmedume mandamos seelar a carta de vos, o dito Alvaro Gomes, con o seelo do dito cabidoo.

Feito et outorgado dentro en o thessouro da dita iglesia, sete dias do mes de desenbro, ano do nasçemento de nosso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et triinta et oyto anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron o que dito he: don Martin Vidal, dean; Johan Garçia, thesoreyro; Lopo Dias, mestrescola; Nuno Gonçalves, Ares Afonso, Johan Martines, Pedro Fernandes, Pedro Afonsso, Johan Ossorio, coengos.

Et eu Pedro Fernandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta de foro fis escripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he.